Fatu Hiva
Fatu Hiva | |
---|---|
Localización | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas Marquesas |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 10°29′S 138°39′O / -10.483, -138.650 |
Xeografía | |
Superficie | 85 km² |
Longura máxima | 16 km. |
Largura máxima | 9 km. |
Punto máis alto | 1.125 m. Monte Touaouoho |
Demografía | |
Capital | Omoa |
Poboación | 611 hab. (2012) |
Densidade | 7´27 hab./km² |
Fatu Hiva (en marquesano Fatuiva) é a illa máis meridional das Marquesas. Está situada a 75 km ao sur de Hiva Oa.
A illa está constituída por dous antigos volcáns que forman unha cadea montañosa que culmina no monte Tauauoho con 960 metros de altitude. Ao oeste ábrense dous baías: Hanavave e Omoa. A baía de Hanavave era coñecida polos navegantes como baía das Vergas, xa que se atopan unhas formacións rochosas con forma fálica. Os misioneiros católicos, interpretando que se trata dos veos das virxes, cambiaron o nome a baía das Virxes, engadindo unha "i" en francés: V(i)erges. A costa leste caracterízase por estreitos vales escarpadas e inaccesibles. A superficie total é de 84 km².
Abundan as árbores froiteiras: mangas, bananas, pomelos, limóns, laranxas e papaias. Os mangas están á libre disposición de todos os habitantes.
A poboación total era de 611 habitantes no censo do 2012. As vilas principais son Omoa, a capital, e Hanavave, situadas nas baías do mesmo nome. A poboación vive principalmente do agro, a artesanía e o turismo. A orografía da illa non permite a construción dunha pista de aterraxe e só é accesible por barco.
Historia
[editar | editar a fonte]Fatu Hiva foi descuberta por Álvaro de Mendaña e Neira a vixilia de santa María Magdalena de 1595, e chamouna Illa Magdalena. O investigador noruegués Thor Heyerdahl instalouse en 1936, e comezou a desenvolver aquí as súas teorías sobre as navegacións prehistóricas. Describe a súa experiencia no libro Fatu-Hiva: Back to Nature.