Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Gustavo Noboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGustavo Noboa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Gustavo José Noboa Bejarano Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1937 Editar o valor en Wikidata
Guayaquil, Ecuador Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 2021 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Miami, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaParque da Paz da Aurora Editar o valor en Wikidata
42º Presidente de Ecuador
22 de xaneiro de 2000 – 15 de xaneiro de 2003
← Jamil MahuadLucio Gutiérrez →
Vicepresidente de Ecuador
10 de agosto de 1998 – 21 de xaneiro de 2000
← Pedro AguayoPedro Pinto Rubianes →
Reitor Universidade Católica de Santiago de Guayaquil
1986 – 1996 – Vladimiro Álvarez →
Gobernador de Guayas
marzo de 1983 – 10 de agosto de 1984
← Juan Pablo MoncagattaJaime Nebot →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaConservadorismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Guayaquil - Juris Doctor (–1965) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Católica de Santiago de Guayaquil (1966–1996) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemocracia Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsRicardo Noboa Bejarano Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX4443937 Find a Grave: 223010772 Editar o valor en Wikidata

Gustavo José Joaquín Noboa Bejarano, nado en Guayaquil o 21 de agosto de 1937, e finado en Miami o 16 de febreiro de 2021,[1] foi un avogado, catedrático universitario e político ecuatoriano. Foi presidente da República de Ecuador dende o 22 de xaneiro de 2000 até o 15 de xaneiro de 2003.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa vida pública comezou no goberno de Osvaldo Hurtado, ao ser nomeado gobernador de Guayas entre 1983 e 1984, debido á súa proximidade co partido de goberno, a Democracia Popular (DP). Entre 1986 e 1996 foi reitor da Universidade Católica de Santiago de Guayaquil. Pola súa afinidade á DP, foi designado como binomio do candidato presidencial daquela tenda política, Jamil Mahuad, nas eleccións de 1998. Durante o goberno de Mahuad mantivo unha relación cordial co presidente, até o estalido da crise económica en Ecuador de 1999, tras a cal, marcou distancia de Mahuad, evitando embazar a súa imaxe.

É así que, ao ser derrocado Mahuad, no golpe de estado de 2000, sucedeuno no poder. O seu goberno mantivo as políticas neoliberais decretadas por Mahuad,[3] polo que tivo que enfrontar senllas manifestacións, sobre todo en xaneiro de 2001. Noboa reprimiu a protesta social, deixando como saldo tres mortos.[4]

Trala súa presidencia, foi acusado de malversación de fondos na renegociación da débeda externa. Noboa fuxiu á República Dominicana, onde permaneceu dende 2003 até abril de 2005, cando retornou a Guayaquil, ao ser beneficiado dun pacto político entre o goberno de Lucio Gutiérrez e certos partidos políticos, no que se anularon todos os cargos na súa contra. A consecuencia disto, Gutiérrez foi derrocado 20 días despois e os cargos contra Noboa foron restabelecidos, polo que se ordenou a súa detención domiciliaria. Posteriormente, foi amnistiado pola Asemblea Constituínte de 2007. Afastouse da política, ocupándose do seu consultorio privado e da academia.

  1. "Gustavo Noboa Bejarano, expresidente de Ecuador, falleció a los 83 años". Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  2. Informe sobre el golpe de Estado en Ecuador del año 2000. Comisión Interamericana de Dereitos Humanos — OEA. Publicado o 13 de abril de 2000
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2016. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2016.