Manuel Ángel Couto
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1807 O Río Tenorio, España |
Morte | 1 de abril de 1861 (53/54 anos) Caldas de Reis, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , avogado |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Ángel Couto, nado no Río Tenorio (Cerdedo-Cotobade) en 1807 e finado en Caldas de Reis o 1 de abril de 1861, foi un avogado, xuíz e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai era notario en Ponte Caldelas[1]. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e foi xuíz en Pontevedra, Lalín, A Cañiza (1855), Béjar e Pontedeume. Foi membro das Xuntas Revolucionarias de Pontevedra de 1843, 1846 e 1854. Foi redactor de Las Musas del Lérez, colaborou en La Distracción e El País e dirixiu El Ferro-Carril, La Perseverancia, El Esquilón e El Ferro-Carril Gallego. Traballou nun dicionario bilingüe castelán-portugués, que non se chegou a completar. Asinaba ás veces co pseudónimo Fray Gustavo de la Fe[2].
Obras
[editar | editar a fonte]- Manifiesto al público de Pontevedra sobre la creación de una Academia de Jurisprudencia (1842; con Antolín Esperón)[3]
- Vida y viajes de los dos hermanos Bartolomé García de Nodal y Gonzalo de Nodal (1857), con José López de la Vega.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López de la Vega, José (1881). "Don Manuel Ángel Couto". La Ilustración Gallega y Asturiana (26): 308. Consultado o 14 de decembro de 2013.
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1851). "Couto, Manuel Ángel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). 319-320. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos.
- ↑ "Manifiesto al público de Pontevedra: sobre la creación de una academia de jurisprudencia". Minerva.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Couto, Manuel Ángel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.