Microchirus theophila
Microchirus theophila Acedía xudía | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Larva de Microchirus theophila nos seus primeiros estadios de desenvolvemento | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Microchirus theophila (Risso, 1810) |
Microchirus theophila, (Risso, 1810) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] coñecida en galego como acedía xudía.[2]
Trátase dun pequeno linguado (de aí o nome vulgar de acedía), que habita en fondos mariños areosos ou lamacentos do Atlántico oriental, especialmente en augas de Mauritania e as illas Canarias, estendéndose polo norte até Portugal e o suroeste da Gran Bretaña.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por primeira vez en 1810 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque, baixo o nome de Pleuronectes theophilus.[1]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ao longo do tempo foi coñecida, ademais de polo nome orixinario de Risso e polo actualmente válido, polos sinónimos seguintes:[1]
- Solea angulosa Kaup, 1858
- Solea stephanica Chabanaud, 1926
- Solea theophila (Risso, 1810)
- Zevaia theophila (Risso, 1810)
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome específico, theophila, é a forma latinizada do adxectivo do grego antigo θεοφιλής theophilés, "amado dos deuses", e tamén "fermoso".
Características
[editar | editar a fonte]É moi semellante, na forma e coloración do corpo, ao linguado común do que se diferencia, ademais de polo seu menor tamaño, polas súas pequenas aletas pectorais, das que, a do lado oculado, presenta unha mencha escura na súa porción distal.[4]
O seu tamaño máximo é de 46 cm.[5]
Hábitat, distribución e biuoloxía
[editar | editar a fonte]É unha especie mariña, demersal, oceanódroma que habita en mares subtropicais, en fondos areosos e lamacentos, de 40 a 380 m de profundidade,[5] entre os 52° N E os 18° N, no Atlántico centro-oriental, en augas de Mauritania e as illas Canarias, estendéndose polo norte até Portugal e o suroeste da Gran Bretaña.[3]
Pesca
[editar | editar a fonte]Microchirus theophila é obxecto de pesca nas zonas 27, 34 e 37 (nordeste do Atlántico, Atlántico centro-leste e Mediterráneo e mar Negro, respectivamente).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Microchirus theophila (Risso, 1810) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85.
- ↑ 3,0 3,1 Microchirus theophila (Risso, 1810) na FishBase.
- ↑ Microchirus theophila Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na EOL.
- ↑ 5,0 5,1 Desoutter, M. (1990).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Microchirus theophila |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2.</ref>
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Microchirus theophila Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na EOL. Con informacións, imaxes e mapa de distribución (en inglés)
- Microchirus theophila na ADW.