Penelope Fitzgerald
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Penelope Mary Knox 17 de decembro de 1916 Lincoln, Reino Unido |
Morte | 28 de abril de 2000 (83 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Cemitério de Hampstead (pt) |
Xuíza do Premio Booker | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Somerville College |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita |
Ocupación | poetisa , escritora , novelista , biógrafa |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Pais | E. V. Knox (pt) e Christina C. Hicks (en) |
Premios
| |
Penelope Fitzgerald, ou co nome de solteira Penelope Knox, nada en Lincoln o 17 de decembro de 1916 e finada en Londres o 28 de abril de 2000, foi unha novelista, poeta, ensaísta e biógrafa inglesa, galardoada co Premio Booker de 1979.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia de intelectuais: foi filla de Edmund Knox, editor da revista satírica Punch,e sobriña dos teólogos Ronald e Wilfred Knox, o primeiro novelista e o segundo, especialista na Biblia, e tamén do clasicista e criptólogo Dolly Knox. Por parte de nai era neta do bispo de Lincoln e seguiu os pasos da nai para formarse no Somerville College, na Universidade de Oxford.
Traballou na BBC durante a segunda guerra mundial e, en 1941, casou co militar irlandés Desmond Fiztgeral, do matrimonio naceron tres fillos. Tamén foi ensinante de francés na escola londiniense Queen's Gate School, onde tivo a Camila do Reino Unido como alumna.
Comezou a publicar a súa obra de forma serodia: en 1975, con 58 anos, saíu do prelo o seu primeiro libro, unha biografía do pintor prerrafaelita Edward Burne-Jones. A súa primeira novela foi The Golden Child (1977), na que mestura o cómico e o misterio. No anos seguintes acadou sona con catro novelas de forte contido autobiográfico: The Bookshop (1978), Offshore (1979), Human Voices (1980) e At Freddie's (1982). Finalista do premio Booker en 1978 con The Bookshop, gañaría este recoñecemento no ano seguinte grazas a Offshore na que a protagonista vive nun barco no Támese, como ela mesma fixera.[1] Posteriormente, interesouse por novelar feitos ambientados no pasado como en Innocence (1986), onde recrea o romance entre unha aristócrata e un comunista na Italia da década de 1950, ou a Rusia prerevolucionaria en The Beginning of Spring (1988).
Foi considerada como unha das autoras máis senlleiras das letras británicas do século XX, tal e como recoñeceu o xornal The Times en 2008.[2] Ademais, en 2012, The Observer incluíu a súa derradeira novela, The Blue Flower entre as "dez mellores novelas históricas.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Biografía
[editar | editar a fonte]- Edward Burne-Jones (1975)
- The Knox Brothers (1977)
- Charlotte Mew and Her Friends: With a Selection of Her Poems (1984)
Novela
[editar | editar a fonte]- The Golden Child (1977)
- The Bookshop (1978)
- Offshore (1979)
- Human Voices (1980)
- At Freddie's (1982)
- Innocence (1986)
- The Beginning of Spring (1988)
- The Gate of Angels (1990)
- The Blue Flower (1995)
Relato
[editar | editar a fonte]- The Means of Escape (2000), póstuma.
Ensaío
[editar | editar a fonte]- A House of Air (2005)
Cartas
[editar | editar a fonte]- So I Have Thought of You. The Letters of Penelope Fitzgerald (2008), editado por Terence Dooley con prefacio de A. S. Byatt.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, Dinitia (2000-05-03). "Penelope Fitzgerald, Novelist, Is Dead at 83". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-09-14.
- ↑ "Penelope Fitzgerald" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2022-09-14.
- ↑ Skidelsky, As chosen by William; editor, Observer books (2012-05-12). "The 10 best historical novels". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2022-09-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "How did she do it?", por Julian Barnes en The Guardian o 26 de xullo de 2008 (en inglés).
- "The Unknown Penelope Fitzgerald"[Ligazón morta], Edmund Gordon,TLS, 30 de xuño de 2010 (en inglés)
- Penelope Fitzgerald Was Here: An Appreciation Arquivado 08 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine., Courtney Cook, Los Angeles Review of Books, 23 de xaneiro de 2015. (en inglés)