Xoán XXI, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nome orixinal | (la) Ioannes PP. XXI (pt) Pedro Julião Rebolo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1215 Lisboa (Reino de Portugal) |
Morte | 20 de maio de 1277 (61/62 anos) Palazzo dei Papi di Viterbo (Estados Pontificios) |
Causa da morte | morte accidental |
Lugar de sepultura | Catedral de Viterbo (pt) |
187º Papa | |
20 de setembro de 1276 – 20 de maio de 1277 ← Hadrián V – Nicolao III → | |
Cardeal | |
3 de xuño de 1273 – | |
Cardinal-Bishop of Frascati (en) | |
3 de xuño de 1273 – 8 de setembro de 1276 ← Eudes de Châteauroux (pt) – Ordonho Alvares (pt) → Diocese: Diocese de Frascati (pt) | |
Arcebispo de Braga | |
1272 – maio de 1275 ← Agostinho de Jesus e Sousa (pt) Diocese: arquidiocese de Braga | |
Bispo diocesano Tusculum (pt) | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Pedro Hispano João XXI |
País de nacionalidade | Reino de Portugal |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | político , médico , filósofo , sacerdote católico , profesor universitario , matemático |
Empregador | Universidade de Siena (pt) |
Lingua | Lingua latina |
Participou en | |
2 de xullo de 1276 | Conclave de julho de 1276 (pt) |
21 de xaneiro de 1276 | Conclave de janeiro de 1276 (pt) |
Xoán XXI, nado co nome de Pedro Julião e coñecido tamén como Pedro Hispano, nado en Lisboa entre 1210 e 1220 e finado en Viterbo o 20 de maio de 1277, foi Papa da Igrexa católica entre o 20 de setembro de 1276 e a data da súa morte.
Biografía
[editar | editar a fonte]Pedro Julião, fillo do médico Julião Rebelo e de Teresa Gil, naceu en Lisboa entre 1210 e 1220.
Comezou os seus estudos na escola episcopal da Sé de Lisboa. Máis tarde acudiu á Universidade de París (algúns historiadores afirman que foi á de Montpellier), onde estudou Medicina e Teoloxía, e dedicando especial atención ás conferencias de Dialéctica, de Lóxica, e, sobre todo, ás de Física e Metafísica aristotélicas.
Entre 1245 e 1250, ensinou Medicina na Universidade de Siena (hoxe Italia), onde escribiu algunhas obras, das que salientan as Summulæ Logicales, que sería para as universidades europeas o manual de referencia respecto da lóxica de Aristóteles.
En 1272 foi nomeado arcebispo da arquidiocese de Braga, sucedendo a Martinho Geraldes.
Despois da morte do papa Hadrián V, o 18 de agosto de 1276, Pedro Hispano foi elixido Papa no conclave do 13 de setembro e coroado o 20 de setembro. Faleceu oito meses despois, o 20 de maio de 1277, a causa das graves feridas a consecuencia dun accidente ocorrido na catedral de Viterbo, na que dirixía as obras. Alí foi inhumado.
En marzo de 2000, por empeño do alcalde de Lisboa, João Barroso Soares, outorgóuselle un sitio máis honroso, sendo trasladado á nave central.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |