Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Christos Yannaras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChristos Yannaras

(2013) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Χρήστος Γιανναράς Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1935 Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 2024 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Citerea - Kythera, Grecia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPrimeiro Cemitério de Atenas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGrecia Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Paris 1 Panthéon-Sorbonne (pt) Traducir - filosofía
Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn - filosofía
Universidade de Atenas - teoloxía
Universidade Aristóteles de Salonica (pt) Traducir - filosofía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, teoloxía e actividade literaria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor , filósofo , Orthodox theologian (en) Traducir , profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPanteion University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua grega e lingua grega moderna Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTatiana Ioannou-Yannara (–2008), morte
FillosSpyros Yannaras (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Γιανναράς-1

Christos Yannaras (tamén Giannaras; en grego: Χρήστος Γιανναράς), nado en Atenas o 10 de abril de 1935 e finado na mesma cidade o 24 de agosto de 2024,[1] foi un teólogo da Igrexa ortodoxa grega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Estudou filosofía e teoloxía en Atenas, Bonn e París. Doutor na Facultade de Letras da Sorbona e da Facultade de Teoloxía de Tesalónica. Foi membro da Academia Internacional de Ciencias Relixiosas. Foi tamén profesor emérito de filosofía no Instituto de Ciencias Políticas de Atenas.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

A fe non é unha certeza intelectual ou produto dun coñecemento obxectivo, é un acontecemento e unha experiencia de relación.

Critica a teoloxía da Igrexa católica por desterrar a Deus a un ámbito inaccesible á experiencia e por establecer unha separación entre relixión e vida. A teoloxía non debe ser un desenvolvemento teórico de axiomas e ideas, senón expresión e formulación dunha experiencia de vida que necesita unha linguaxe diferente á dos conceptos e informacións obxectivas.

A relación do home con Deus non é a dun suxeito e un obxecto senón unha relación persoal erótica; só se albisca un coñecemento de Deus deixándose penetrar polas enerxías divinas, mediante unha experiencia de unión coa divindade. Se se concibe a Deus como na escolástica, como a causa do universo, o mundo aparece como afastado de Deus, o que acaba conducindo á secularización, a un finalismo orientado á utilidade, ao asoballamento da natureza e da historia pola técnica, a un mundo, en definitiva, esgotado e consumido.

Fronte a isto cómpre recuperar a cosmoloxía dos Pais da Igrexa gregos que preserve de verdade a vida e estea ao servizo dela. A crise ambiental traduce a perda do sentido do cosmos como animado polo Espírito, e que, polo tanto, queda reducido a unha materia morta destinada á satisfacción dos propios desexos.

Yannaras ao igual que Pavel Florenskii fai fincapé na experiencia da beleza, pero aquela beleza que sinala alén de si mesma e que é un chamamento tráxico a unha plenitude de vida, que se recoñece como inalcanzábel.

  1. "Πέθανε ο Χρήστος Γιανναράς σε ηλικία 89 ετών". ProtoThema (en grego). 2024-08-24. Consultado o 2024-08-24.