Alén Space
Alén Space é unha empresa galega do sector do NewSpace, localizada en Vigo. Está dedicada ó desenvolvemento en todas as etapas, software e hardware, deseño e construción de satélites artificiais.
Alén Space | |
---|---|
Tipo | Sociedade limitada |
Propósito | Deseño, manufactura e operación de pequenos satélites |
Campo de traballo | Pequenos satélites |
Data de fundación | 2008 |
Director/a | Guillermo Lamelas |
Nº de membros | 30 |
Organización matriz | Alén Space S.L. |
Sede | Nigrán |
País | España |
Na rede | |
https://alen.space e https://alen.space/es/inicio/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA historia de Alén Space comeza no 2007 por medio dunha iniciativa do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) para o lanzamento dun nanosatélite. Grazas a isto fundaríase a Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo, composta por un equipo de varios departamentos e liderada por Fernando Aguado, e daría inicio o deseño e a fabricación de Xatcobeo, que no ano 2012 converteuse no primeiro nanosatélite español[1].
Isto marcaría o inicio de novos proxectos como os satélites Humsat-D lanzado no 2013 e o Serpens lanzado no 2015 en colaboración coa Oficina de Nacións Unidas para Asuntos do Espazo Exterior (UNOOSA) e pola Axencia Espacial Europea (ESA).
No 2017 co financiamento do Programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia fundásese a empresa aeroespacial Alén Space.
No ano 2018 entrou na clasificación das 100 startups máis importantes do 2018 segundo a organización South Summit[2]e gañou o premio Cinco Días á innovación[3].
No ano 2019 recibiu unha rolda de investimento de 1 millón de euros por parte de CDTI e BeAble Capital.[4]
No ano 2020 foi elixida como Best Space Startup nos Premios South Europe Startup Awards (SESA).[5]
Neste mesmo ano 2020 Sateliot, operador de telecomunicacións satelital baixo unha arquitectura 5G, anunciou unha alianza con Alén Space para o desenvolvemento da carga útil dos seus primeiros nanosatélites co obxectivo de realizar o primeiro lanzamento a fináis do ano 2020[6][7] A tecnoloxía que irá a bordo deste nanosatélite está composta por unha tarxeta SDR (Radio Definida por Software), onde se procesan os sinais recibidos e xéranse a que se transmiten a terra. Ademais dunha placa de acondicionamento de radiofrecuencia e unha antena despregable que permitirá a comunicación cos dispositivos terrestres.[8].
No 2021 forma parte dunha colaboración coa Universidade de Oviedo e a Universidade de Vigo cun proxecto para a ESA para explorar as covas lunares.[9]
Satélites desenvolvidos
editarNotas
editar- ↑ https://alen.space/es/casos-de-exito/
- ↑ https://alen.space/es/southsummit-nos-selecciona-entre-las-100-startups-mas-innovadoras/
- ↑ https://cincodias.elpais.com/cincodias/2019/06/07/fortunas/1559923734_399419.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2020.
- ↑ https://alen.space/es/alen-space-elegida-como-best-space-startup-en-los-premios-sesa/
- ↑ https://actualidadaeroespacial.com/sateliot-ultima-con-alen-space-la-tecnologia-que-ira-a-bordo-de-su-primer-nanosatelite/
- ↑ https://sateliot.space/la-espanola-alen-space-disenara-la-carga-util-de-los-nanosatelites-de-sateliot/
- ↑ https://alen.space/es/sateliot-ultima-con-alen-space-la-tecnologia-que-ira-a-bordo-de-su-primer-nanosatelite/
- ↑ "ESA plans mission to explore lunar caves". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-02-24.
- ↑ Mercader, Aleix (3 de marzo de 2021). "Así será el despegue del primer nanosatélite de la 'NASA catalana'". cronicaglobal.elespanol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2022.