Jordan Hamilton
Jordan Christian Hamilton, nado nos Ánxeles (California) o 6 de outubro de 1990, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Kumamoto Volters da B.League xaponesa.
Kumamoto Volters – No. 25 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1990 (33 anos) Os Ánxeles (California) |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 103 kg (228 lb) |
Posición | Ala |
Información da carreira | |
Instituto | Susan Miller Dorsey (Los Angeles, California) Manuel Dominguez (Compton, California) |
Universidade | Texas (2009–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 26 Por Dallas Mavericks |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Denver Nuggets (2011–2014) Houston Rockets (2014) Iowa Energy (2014) Reno Bighorns (2014–2015) Los Angeles Clippers (2015) Krasny Oktyabr (2015) Rio Grande Valley Vipers (2016) New Orleans Pelicans (2016) Bucaneros de La Guaira (2016) Tofaş (2016) Guaros de Lara (2016–2017) Metros de Santiago (2017) Uşak Sportif (2017–2018) Hapoel Holon (2018) Basket Brescia Leonessa (2018–2019) Metros de Santiago (2019) Hapoel Tel Aviv (2019–2020) Shiga Lakestars (2020–2021) Kumamoto Volters (2021–presente) |
Traxectoria profesional
editarHamilton foi elixido na 26ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Dallas Mavericks. Foi traspasado na mesma noite do Draft aos Denver Nuggets, nun traspaso que ademais mandou a Rudy Fernández e os dereitos de Petteri Koponen a Dallas, a Andre Miller a Denver, e a Raymond Felton aos Portland Trail Blazers.[1] O 9 de decembro asinou o seu contrato cos Nuggets.
O 20 de febreiro de 2014, os Nuggets traspasaron a Hamilton ós Houston Rockets a cambio de Aaron Brooks.[2]
O 18 de agosto de 2014, Hamilton asinou cos Toronto Raptors.[3] Porén, foi cortado polos Raptors o 26 de outubro de 2014.[4] Dous días máis tarde, asinou cos Utah Jazz.[5] O 6 de novembro de 2014, foi cortado polos Jazz.[6]
O 24 de febreiro de 2015, Hamilton asinou un contrato de dez días cos Los Angeles Clippers.[7] O 6 de marzo de 2015, asinou un segundo contrato de dez días cos Clippers.[8]
Notas
editar- ↑ "Blazers, Nuggets deal point guards on draft night". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2011.
- ↑ Rockets Acquire Jordan Hamilton
- ↑ Raptors Sign Jordan Hamilton
- ↑ "Raptors Waive Cherry, Hamilton". NBA.com. 25 de outubro de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2014.
- ↑ Jazz Claim Hamilton and Ingles Off Waivers
- ↑ Jazz Waive Jordan Hamilton
- ↑ "Press Release: Clippers Sign Jordan Hamilton to 10-Day Contract". NBA.com. 24 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de febreiro de 2015.
- ↑ "Clippers sign Jordan Hamilton to 2nd 10-day contract". NBA.com. 6 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2015. Consultado o 6 de marzo de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 18 de marzo de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía nos Texas Longhorns (en inglés)