Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook

Oriol Bohigas

arquitecto español

Oriol Bohigas i Guardiola, nado en Barcelona o 20 de decembro de 1925 e finado o 30 de novembro de 2021,[1] foi un arquitecto catalán.

Infotaula de personaOriol Bohigas

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1925 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
65º President of Ateneu Barcelonès (en) Traducir
18 de decembro de 2003 – 18 de marzo de 2011
← Jordi SarsanedasFrancesc Cabana (pt) Traducir →
Concelleiro de Barcelona
1991 – 1994
Q59523510 Traducir
1977 – 1980
← Javier de Cárdenas Chavarri (pt) TraducirJosep Muntañola (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , profesor universitario , urbanista , político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Politécnica de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartit dels Socialistes de Catalunya Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Participou en
19 de xuño de 2002Manifesto contra a morte do espírito e da terra Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoD Ullmo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElisabeth Galí i Camprubí
PaiPere Bohigas i Tarragó (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2173245 BNE: XX837026 Dialnet: 2134358 Editar o valor en Wikidata
Edificio Meridiana.

Traxectoria

editar

En 1943 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, onde se graduou en 1951. En 1961 obtivo o título de urbanista e no ano 1963 o de Doutor Arquitecto. Ó rematar os seus estudos, en 1951 fundou xunto a outros arquitectos o Grupo R. Ese mesmo ano asociouse con Josep Martorell e en 1962 con David Mackay formando o estudio de arquitectura MBM Arquitectes.[1] Foi presidente da editorial Edicions 62 (1975-1979). No ano 1977 foi nomeado Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona (ETSAB), cargo que abandonou en 1980 para ser nomeado, polo alcalde socialista Narcís Serra, delegado da área de Urbanismo do concello de Barcelona ata 1984.[1] Desde ese momento pasou a ser concelleiro de Urbanismo do concello de Barcelona, con Pasqual Maragall, o que lle permitiu proxectar a política urbanística das grandes infraestruturas para Barcelona co motivo dos Xogos Olímpicos de 1992.

En 1991, foi elixido concelleiro de Cultura. Entre 1981 e 1988 foi presidente da Fundación Joan Miró. Dende o 2007 é o presidente do Ateneo Barcelonés[2], cargo dende o cal iniciou a restauración e mellora da súa biblioteca.

Foi catedrático emérito pola Universidade Politécnica de Cataluña e Doutor honoris causa pola Universidade Técnica de Darmstadt e a Universidade Menéndez Pelayo.

Obras destacadas de MBM Arquitectes

editar

Premios e galardóns

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Cia, Blanca (1 de decembro de 2021). "Fallece Oriol Bohigas, el arquitecto de Barcelona". elpais.com (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2021. 
  2. Xunta directiva do Ateneo Barcelonés en ateneubcn.org Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en catalán).
  3. Ficha do edificio Meridiana en epdln.com (en castelán).
  4. Ricart, Marta (24 de setembro de 1994). "Una hora de fraternal nostalgia". La Vanguardia. p. 2. ISSN 1133-4835. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2022. Consultado o 17 de maio de 2022. 
  5. Premio FAD en epdl.com (en castelán).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar