Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook

Ana da Bretaña (en bretón: Anna Breizh; francés: Anne de Bretagne), nada en Nantes (Ducado da Bretaña) o 25 de xaneiro de 1477 e finada en Blois o 9 de xaneiro de 1514, foi unha nobre francesa, duquesa da Bretaña e dúas veces raíña de Francia.

Infotaula de personaAna da Bretaña

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Anne de Bretagne Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1477 Editar o valor en Wikidata
Château des ducs de Bretagne, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1514 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Blois, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Cor do peloRubio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrealeza Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua francesa, bretón e lingua latina Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuquesa
Raíña consorte
Raíña rexente
Duquesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Dreux Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLois XII de Francia (1499 (Gregoriano)–1514 (Gregoriano))
Carlos VIII de Francia (1491 (Gregoriano)–1498 (Gregoriano))
Maximiliano I de Habsburgo (1490 (Gregoriano)–1491 (Gregoriano))
FillosCarlos Orlando, Delfim da França (pt) Traducir
 () Carlos VIII de Francia
Charles de France (en) Traducir
 () Carlos VIII de Francia
François de France (en) Traducir
 () Carlos VIII de Francia
Renata de Francia
 () Lois XII de Francia
Claudia de Francia
 () Lois XII de Francia
Anne de France (en) Traducir
 () Carlos VIII de Francia Editar o valor en Wikidata
PaisFrancisco II da Bretaña Editar o valor en Wikidata  e Margarida de Foix Editar o valor en Wikidata
IrmánsSabela da Bretaña Editar o valor en Wikidata
ParentesAna de Foix-Candale (pt) Traducir (curmá entregue)
Xermana de Foix (curmá entregue)
Catarina I de Navarra (curmá entregue)
Leonor I de Navarra (avoa materna) Editar o valor en Wikidata
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5389912 WikiTree: De_Bretagne-28 Find a Grave: 12294 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Filla máis vella do duque Francisco II (1435-1488) e da segunda muller deste, Marguerite de Foix (1449-1486), princesa de Navarra, a súa primeira infancia transcorreu entre as cidades de Nantes, Vannes e Clisson.

Aos once anos, ao morrer o seu pai sen descendencia masculina converteuse en duquesa da Bretaña. En 1490 casou por procuración co futuro emperador romano xermánico Maximiliano I de Habsburgo, pero este matrimonio foi anulado.

O exército francés entrou na Bretaña e sitiou a cidade de Rennes onde se encontraba a duquesa. Tras deixarse convencer polos membros do seu consello aceptou casar con Carlos VIII (1470-1498), rei de Francia. Casaron o 6 de decembro de 1491 e o 8 de febreiro de 1492 foi coroada raíña de Francia na basílica de Saint-Denis.

Viviu entre Amboise, París e Lión, e tivo cinco fillos entre 1492 e 1496, todos mortos ao pouco de nacer. Ao morrer Carlos VIII, en 1498, volveu á Bretaña á cabeza do ducado da Bretaña.

Antes de casar con Lois XII (1462-1515), novo rei de Francia, conseguiu a redacción dun contrato que redefinía as relacións entre a Bretaña e Francia: mentres vivise seguiría a ser duquesa da Bretaña, e cando morrese o seu sucesor sería o seu segundo fillo varón.

Casaron en Nantes o 8 de xaneiro de 1499, residindo dende entón case sempre no castelo de Blois.

 
Cadière de Ana da Bretaña (1498)

Asumía ao mesmo tempo as funcións de raíña de Francia e de duquesa da Bretaña.

Deste segundo matrimonio tivo oito fillos, pero só sobreviviron dúas fillas:

  • Claudia de Francia (1499-1524), duquesa da Bretaña e raíña de Francia ao casar con Francisco I.
  • Renée de Francia (1510-1589), señora de Montargis, duquesa de Chartres.

Morreu o 9 de xaneiro de 1514. Foi soterrada en Saint-Denis, pero o seu corazón foi depositado na igrexa das Carmelitas en Nantes.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • L. Le Saint, Une terre de granit. La Bretagne et son histoire. Eugène Ardant et Cie éditeurs, 1891
  • Château des ducs de Bretagne, Musée d'Histoire de Nantes, La biographie d'Anne de Bretagne (1477-1514)

Outros artigos

editar