Andreas Libavius
Andreas Libavius, nado en Halle en 1550 e finado en Coburgo o 25 de xullo de 1616, foi un médico e químico alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1555 (Gregoriano) Halle (Saale) |
Morte | 25 de xullo de 1616 (60/61 anos) Coburgo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sacro Imperio Romano Xermánico |
Educación | Universidade de Jena |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina, química, filosofía e historia |
Ocupación | químico , profesor universitario , médico |
Empregador | Universidade de Jena |
Lingua | Lingua latina e lingua alemá |
Traxectoria
editarO seu nome era Andreas Libau, pero coñécese co seu apelido latinizado. Traballou como profesor en Ilmenau e Coburgo, e foi profesor en Jena en 1588. En 1597, escribiu o primeiro libro sistemático de química, Alchemia,[1] que incluía instrucións para a preparación de diversos ácidos fortes. Algunhas das súas obras publicounas baixo o pseudónimo de Basilius de Varna.
Realizou importantes achegas á química. Descubriu a propiedade do óxido de ouro de dar cor vermella ao vidro e tamén o cloruro de estaño, que despois se coñeceu co nome de licor de Libavius.
Escribiu Neo-Paracelsica, Tractatus duo physici, Alchemia (1597),[2] Schediasmata medica et phylosophica, Commentationum metallicarum libri IV (1597),[3] Epitome metallica e Praxis alchimio, entre outras obras.
Galería de imaxes
editar-
Portada de Alchemia.
-
Commentationvm metallicarvm...
Notas
editar- ↑ Comentario sobre Alchemia Arquivado 13 de xuño de 2010 en Wayback Machine., Universidade de Illinois (en inglés).
- ↑ Alchemia Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. reprodución completa da obra, Universidade Complutense.
- ↑ Commentationvm Metallicarvm Libri Qvatvor, reprodución íntegra, Herzog August Bibliothek.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andreas Libavius |
Bibliografía
editar- Hannaway, Owen (1986): "Laboratory Design and the Aim of Science: Andreas Libavius versus Tycho Brahe" in Isis, 77, páxs. 584-610.