Distrito Tororo
Tororo District é un distrito da Rexión Oriental da Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Tororo.
Nomeado en referencia a | Tororo (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Uganda | ||||
Rexión | Região Leste (pt) | ||||
Capital | Tororo (pt) | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Lingua adhola Língua nyole (pt) Língua ateso (pt) | ||||
ISO 3166-2 | UG-212 | ||||
Páxina web | tororo.go.ug |
Limita co Distrito Mbale polo norte, co Distrito Manafwa polo nordeste, coa República de Kenya polo leste, co Distrito Busia polo sur, co Distrito Bugiri polo suroeste e co Distrito Butalejat polo noroeste. Segundo o censo do ano 2002, o distrito tiña unha poboación estimada de 398.600 persoas.
Hai un gran variedade de etnias, como son os jopadhola, os iteso, os samia, os bagwere e os banyoli. As linguas que se empregan están correlacionadas coas etnias, e así existen as linguas dhopadhola, lusamia, ateso, lugwere e lunyoli. Nos centros urbanos, o inglés, o suahili e o luganda son as linguas habituais.
A agricultura é o piar económico do distrito, e a maioría do que se produce nel é consumido no mesmo. [1]
Notas
editar- ↑ "About Tororo District". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2020. Consultado o 03 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Programa de Desenvolvemento Rural de Orfos de Uganda (con base en Tororo) (en inglés)
- Páxina do Hospital de Tororo