Isidro Buceta
Isidro Buceta Buceta, nado en Pontevedra en 1883 e finado en Madrid o 19 de abril de 1974[1], foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 Pontevedra, España |
Morte | 19 de abril de 1974 (90/91 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , avogado , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1904). Foi director do periódico El Progreso. Foi concelleiro e síndico do Concello de Pontevedra e presidente do Recreo de Artesanos. Vinculouse co agrarismo na súa última etapa en El Progreso, cando se produciu a escisión entre monteristas e riestristas, apoiou o movemento Acción Gallega e ao seu líder Basilio Álvarez, e iniciou unha campaña contra o marqués de Riestra. En 1916 marchou a Madrid onde exerceu a avogacía. En 1923, a raíz dos acontecementos agrarios dos Mártires de Sobredo, foi invitado polo Ateneo Madrileño para explicalo. Esta conferencia publicouse como El agrarismo gallego y su momento actual. Nas eleccións de municipais de abril de 1931 foi candidato da coalición monárquica por Madrid. Durante a II República estivo vinculado ao Partido Agrario Español e en 1935 tratou de impulsar a súa implantación na provincia de Pontevedra.
Obras
editarEnsaio
editar- El agrarismo gallego y su momento actual, 1923.
Poesía
editar- Humo al viento, 1960.
- Cantares y coplas, 1971.
- Aquel día (Veinticuatro horas), 1973.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.