Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook

Mendizorrotza é un barrio da cidade de Vitoria, no País Vasco. A súa poboación en 2010 era de 4.799 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaMendizorrotza
Imaxe

Localización
Mapa
 42°50′22″N 2°40′53″O / 42.83945, -2.68143Coordenadas: 42°50′22″N 2°40′53″O / 42.83945, -2.68143
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaÁraba
CuadrillasCuadrilla de Vitoria
ConcelloVitoria Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.819 (2023) Editar o valor en Wikidata

Vista aérea de Mendizorrotza.

A súa tradución aproximada do éuscaro sería a de «monte afiado» ou «o pico do monte». Coñécese tamén como El Batán, polo río homónimo que pasa polo barrio. A súa arteria principal é a rúa Salbaterrabide (camiño de Salvatierra).

Nel atópanse o palacio de Ajuria Enea, residencia oficial do lehendakari do Goberno Vasco, e o estadio de Mendizorrotza, onde xoga os seus partidos o Deportivo Alavés. Outros lugares e edificios destacados son os montes Mendizabala e Mendizorrotza, o instituto Mendizabala e a escola oficial de idiomas.

  1. Concello de Vitoria (ed.). "Datos do barrio de Mendizorrotza". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2011.