Andy da Fonte
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 2003 (21 anos) A Pobra do Caramiñal, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Panteísmo |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora , cineasta , fotógrafa , intérprete |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua galega, lingua inglesa e lingua italiana |
Páxina web | andydafonte.wordpress.com |
Andrea San Xurxo Martínez, máis coñecida polo seu pseudónimo Andy da Fonte, nada na Pobra do Caramiñal o 4 de febreiro de 2003, é unha artista, poeta, performer, ilustradora, fotógrafa e cineasta galega[1]. A súa escrita conta cunha notábel riqueza léxica e temáticas de corte intimista.
San Xurxo manifesta un carácter solidario e altruista[2], cun marcado compromiso e ansia activista nas súas redes sociais coa loita de clases[3][4], a liberdade das mulleres e da comunidade LGBT+, polos dereitos dos animais[5] e a defensa da lingua galega[6]. Valores que se reflicten tamén na súa labor humanitaria e antiespecista en voluntariados internacionais.[7]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a escribir dende moi pequena, incluso antes de saber ler, cando a súa irmán lle soletreaba as palabras que ela lle pedía. Gañou o seu primeiro certame literario aos 13 anos[8], mentres cursaba 1º da ESO no IES da Pobra do Caramiñal. A autora prioriza o uso do galego na súa escrita, se ben conta con pezas na lingua cervantina como "Agoniza la muerte"[9], poema co que venceu na súa categoría no XXIV Concurso Nacional de Poesía Joven Juegos Florales del Campo de Cartagena no 2018[10].
Nos seguintes anos continuou acadando numerosos galardóns e desenvolvendo o seu estilo persoal. Entre estes, destaca a súa vitoria por catro anos consecutivos no Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro (edicións IV, V, VI e VII), amosando unha relación de proximidade coa Fundación Rosalía de Castro, e optando a participar no 2019 nas xornadas "Abre a Fiestra" con motivo de celebrar o 134º cabodano da autora do Rexurdimento[11]. Foi aquí onde realizou unha performance poética co tamén poeta Fabián Niño Hernández. Ademais, no I Certame de Poesía Torre de Caldaloba compartiu podio co veterano escritor Xesús Rábade Paredes[12].
Andy da Fonte foi gañadora por tres anos do Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes (edicións V, VI e VII), o cal lle abriría as portas a publicar o seu primeiro poemario Memorias dunha estrela sen luz (2021)[13], por iniciativa do Concello de Ribeira que financiaría o proxecto[14].
Actualmente, estuda Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e frecuenta os periódicos recitais e micros abertos celebrados no Modus Vivendi, local nocturno histórico da zona vella compostelá, onde entablou unha profunda amizade coa veterana poeta e activista política Luz Fandiño. La Voz de Galicia presenta a Andy como "o futuro da poesía d'O Barbanza e de Galicia"[1][15]. Mesmo personalidades do ámbito coma Xosé Luís Méndez Ferrín, afirman que Andy da Fonte é unha digna continuadora de Rosalía[16].
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Memorias dunha estrela sen luz (2021). 88 páxs. ISBN 978-8418-287-75-6
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Quéimase todo o escrito. IV Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, 2016, Fundación Rosalía de Castro
- XII Certame Literario Concello de Ames, 2016, Concello de Ames
- Oxalá isto non fose un poema. V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, 2017, Fundación Rosalía de Castro
- V Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes: Poemas premiados, 2018, Concello de Ribeira
- Curva o espazo e béixame. VI Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, 2018, Fundación Rosalía de Castro
- 32 e 33 Certame de poesía, 2019, IES María Soliño
- VI Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes: Poemas premiados, 2019, Concello de Ribeira
- Danza primixenia. VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, 2019, Fundación Rosalía de Castro
- Colección Sar: #1 Confinamentos, 2020, IES de Sar
- VII Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes: Poemas premiados, 2020, Concello de Ribeira
- 21 poetas do século XXI, 2021, Aira editorial. 204 páxs. ISBN 978-84-123849-9-4
Premios
[editar | editar a fonte]- 1º Premio, 1ª Categoría Poesía, XIII Certame Literario Concello de Ames no 2016. [17]
- 1º Accésit, 1º ciclo, IV Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2016. [18]
- 1º Premio, Categoría B Poesía, I Certame Literario Waldorf Meniñeiros de Poesía e Relato Curto no 2017.
- 1º Premio, Categoría A Poesía, XXIV Certame Literario de Poesía e Narración breve Cambre no 2017.
- 1º Accésit, 1º ciclo, V Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2017. [19]
- 1º Premio, 1ª Categoría, XXIV Concurso Nacional de Poesía Joven Juegos Florales del Campo de Cartagena no 2018. [10]
- 1º Accésit, 2º ciclo VI Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2018. [20]
- 3º Premio, Categoría A, XXXIII Certame de Poesía María Soliño no 2018.
- 1º Premio, 3ª Categoría, V Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes no 2018.
- 1º Premio, Categoría menores 18 anos, I Certame de Poesía Torre de Caldaloba no 2018. [21]
- 1º Premio, Categoría B, XXVI Certame Literario Xoán Díaz de Cambre no 2019. [22]
- 1º Accésit, 2º ciclo, VII Certame Escolar de Poesía Rosalía de Castro no 2019. [23]
- 1º Premio, 3ª Categoría, VI Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes no 2019. [24]
- 1º Premio, Categoría 2º ciclo da ESO, Modalidade Poesía, XL Certame Terra Chá no 2019. [25]
- 1º Premio, 3ª Categoría, VII Concurso de Poesía Asociación Cultural Albariza de Artes no 2020.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Andy da Fonte: O futuro da poesía de Barbanza que chega pisando forte desde A Pobra". La Voz de Galicia. 24 de marzo de 2021. Consultado o 09/07/2021.
- ↑ "Colaboración de Andy da Fonte con causas benéficas".
- ↑ "Historias destacadas de activismo político da autora na rede social Instagram.". www.instagram.com (en inglés). Consultado o 2022-12-30.
- ↑ "Artigos de opinión na páxina persoal de Andy". Páxina persoal de Andy da Fonte. Consultado o 19/05/2023.
- ↑ "Artigo en defensa do dereito dos animais.". Blogue de Andy da Fonte. Consultado o 15/03/2021.
Eles tamén laian
- ↑ "Publicacións de Instagram da autora en clara defensa da lingua galega.". www.instagram.com (en inglés). Consultado o 2022-12-30.
- ↑ "Perfil de Andy da Fonte nunha plataforma de voluntariado internacional". WorldPackers. Consultado o 02-01-23.
- ↑ "XIII Certame Literario Concello de Ames". Blogue Andy da Fonte. Consultado o 12/03/2021.
O meu primeiro premio literario e o texto que resultou ganador
- ↑ "Poema "Agoniza la muerte"". Blogue de Andy da Fonte. Consultado o 12/03/2021.
- ↑ 10,0 10,1 "GANADOR DEL XLV JUEGOS FLORALES DEL CAMPO DE CARTAGENA".
- ↑ "Abride a Fiestra 2019". Arquivado dende o orixinal o 19/03/2021. Consultado o 14/03/2021.
- ↑ "Xesús Rábade Paredes gaña o primeiro premio Caldaloba". La Voz de Galicia. Consultado o 09/07/2021.
- ↑ "Andrea San Xurxo publica o seu primeiro libro con só 17 anos". El Correo Gallego. Consultado o 16/03/2021.
- ↑ "Poemario en galego e feminista". El Correo Gallego. Consultado o 16/03/2021.
Foi o propio alcalde deste municipio, Manuel Ruiz Rivas, quen a animou a presentar un poemario.
- ↑ "Barbantia presenta a Andy da Fonte como o futuro da poesía de Barbanza e de Galicia". La Voz de Galicia. 27 de xuño de 2021. Consultado o 09/07/2021.
- ↑ "IV e V Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro❤️". Blogue de Andy da Fonte. Consultado o 14/03/2021.
No acto do 15 de xullo do 2016 tiven a sorte de contar coa compañía do importante persoeiro Xosé Luís Méndez Ferrín que me adicou as belas palabras que podedes ver máis arriba.
- ↑ "XIII CERTAME LITERARIO. Concello de Ames".
- ↑ "Gañadores do IV Concurso Escolar de Poesía". Consultado o 11/03/2021.
- ↑ "Gañadores do V Concurso Escolar de Poesía". Consultado o 11/03/2021.
- ↑ "Gañadores do VI Concurso de Poesía". Consultado o 11/03/2021.
- ↑ "Andrea Sanjurjo premiada no I Concurso de Poesía Torre de Caldaloba de Cospeito" (PDF). El Progreso. 2 de decembro de 2018. p. 21. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de marzo de 2021. Consultado o 11/03/2021.
- ↑ "PREMIO XXVI CERTAME LITERARIO XOÁN DÍAZ". Consultado o 11/03/2021.
- ↑ "Tres gañadoras do VII Concurso Escolar de Poesía". Consultado o 11/03/2021.
- ↑ "VI CERTAME DE POESÍA ASOCIACIÓN CULTURAL ALBARIZA DE ARTES". Consultado o 11/03/2021.
- ↑ "FALLO DO XL CERTAME TERRA CHÁ" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19/03/2021. Consultado o 11/03/2021.
POESÍA, SECUNDARIA, 2º CICLO: Andrea Sanjurjo Martínez
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andy da Fonte |