Illa Devon
Devon | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Canadá |
Arquipélago | Illas da Raíña Isabel |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 74°31′N 82°23′O / 74.517, -82.383 |
Xeografía | |
Superficie | 55.247 km² |
Longura máxima | 524 km. |
Largura máxima | 155–476 km. |
Punto máis alto | 1.920 m. Devon Ice Cap |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A Illa Devon é a segunda maior illa do arquipélago das Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. É a 27 maior illa do mundo e a 6 do Canadá. É a maior illa deshabitada da terra. A Illa Devon abarca unha área de 55.247 km². Debido a súa relativamente alta elevación e a súa extrema latitude ao norte, na illa só habitan uns poucos bois almizcleros. A vida animal concéntrase nas planicies de Truelove, que ten un microclima favorable que permite o crecemento dalgunhas especies vexetais árticas. As temperaturas durante a breve tempada de crecemento non exceden dos 10 °C, e no inverno poden caer ata os -50 °C. Cunha ecoloxía de deserto polar, a Illa Devon recibe moi poucas precipitacións.
A Illa Devon tamén é coñecida pola presenza do Cráter Haughton, creado hai uns 39 millóns de anos cando un meteorito duns 2 km de diámetro chocou contra o que na época era un bosque. O impacto deixou un cráter de aproximadamente 23 km de diámetro, que se converteu nun lago durante varios millóns de anos. O cráter é hoxe en día un dos lugares máis parecidos á xeografía de Marte que hai sobre a terra.