Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Transfiguration pending
Saltar ao contido

Matthew Le Tissier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMatthew Le Tissier

(2010) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Matt Le Tissier Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Matthew Paul Le Tissier Editar o valor em Wikidata
14 de outubro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Saint Peter Port, Guernsey Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSaint Peter Port Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Peso86 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , presentador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata - 2013 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaInglaterra Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaFootball League (pt) Traducir e Premier League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1986-2002 Southampton F.C. 443(161)
2002-2003 Eastleigh F.C. (pt) Traducir 17(3)
2013-2013 Guernsey F.C. (en) Traducir 1(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1988-1990   selección de fútbol sub-21 de Inglaterra 21(3)
1990-1998   selección de fútbol de Inglaterra B 6(3)
1994-1997   Inglaterra 8(0) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1431900 Twitter: mattletiss7 Discogs: 2941182 FIFA: 155107 Editar o valor em Wikidata

Matthew Le Tissier, nado o 14 de outubro de 1968 en Saint Peter Port (Guernsey), é un exfutbolista inglés. Xogaba de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección inglesa. Pasou toda a súa carreira no Southampton FC.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na illa de Guernsey, situada no Canal da Mancha entre Inglaterra e Francia. Xogou desde os 18 anos no Southampton FC, onde coincidiu con Alan Shearer antes da súa marcha ao Blackburn Rovers. Nas quince tempadas que permaneceu activo (1986–2002) vestiu a camiseta branca e vermella en máis de 500 partidos entre a Premier League, a FA Cup e a Football League Cup, anotando máis de 200 goles. A súa mellor época foi entre as tempadas 89/90 e 94/95, marcando 96 goles en liga en 6 anos, destacando un que lle marcou ao Blackburn desde preto do círculo central, elixido gol da tempada 94/95 por votación popular.

En maio de 2002 organizouse un partido de homenaxe entre o Southampton e unha selección de Inglaterra, cun combinado formado por xente como Alan Shearer, Tim Flowers, Paul Gascoigne ou Ronnie Ekelund e adestradores como Alan Ball, Kevin Keegan ou Lawrie McMenemy. Os Saints, a afección do Victorian Former Ground (The Dell), alcumábao the God, co cántico de "he is God, Le God".

O concello de Hampshire concedeulle o título de "Freedom of the City". Actualmente traballa para SKY, e obtivo a licenza pro de Management, polo que pode adestrar equipos de calquera división.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Período Liga
PJ (G)
FA Cup
PJ (G)
League Cup
PJ (G)
TOTAL
PJ (G)
Media
Inglaterra Southampton FC 1986–2002 443 (162) 33 (12) 52 (27) 528 (201) 0,38 %

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Ao nacer en Guernsey puido elixir entre xogar coa selección inglesa ou a selección de Francia, decidíndose polo combinado inglés. Debutou o 15 de febreiro de 1995 da man de Terry Venables nun amigábel contra a selección irlandesa en Lansdowne Road. Porén, só xogou 8 encontros co combinado nacional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]