Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Transfiguration pending
Saltar ao contido

Daodejing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tao Te King»)

Daodejing
Autor/aLaozi
OrixeChina
LinguaChinés clásico
Xénero(s)texto relixioso
editar datos en Wikidata ]

O DaodejingDíaz_PardoFreixanesMascato20061194-1">[1] ou Tao Te Ching (chinés tradicional: 道德經; chinés simplificado: 道德经; "O clásico do camiño e da virtude") é un libro clásico chinés, considerado un dos textos fundamentais do daoísmo. Segundo a tradición, foi creado polo sabio Laozi,Ellwood2008262-2">[2] mais a súa autoría e as súas datas de composición e compilación son aínda obxecto de debate.Eliade198426-3">[3] Os fragmentos máis antigos atopados datan de finais do século IV a.C.;Chan2013-4">[4] ademais, os textos de Guodian son do século III a.C., aínda que conteñen múltiples versións da obra, diferentes da actual.Littlejohn2024-5">[5]

Trátase dunha colección de aforismos poéticos dividida en 81 capítulos, que versan sobre nocións importantes do pensamento chinés antigo, como o wu wei ("non facer") ou o dao ("camiño"). Tradicionalmente, divídese en dúas seccións: o Dao jing (capítulos do 1 ao 37) e o De jing (capítulos do 38 ao 81). O Daodejing é unha obra basilar das concepcións filosófica e relixiosa do daoísmo, estendendo a súa pegada para alén desta tradición.Chan2013-4">[4] Así, a súa terminoloxía e conceptos foron reelaborados e reinterpretados polo legalismo, o confucianismo e, especialmente, o budismo chinés.Chan2013-4">[4]

O libro tivo unha enorme influencia nas civilizacións de Asia oriental, aínda que tamén foi coñecido en occidente a través das súas numerosas traducións.Chan2013-4">[4] As súas ensinanzas foron aplicadas en eidos tan variados como a filosofía, a relixión, a arte, a medicina, as artes marciais ou as prácticas sexuais.

Nas linguas occidentais, o título adoita escribirse como Tao Te Ching, seguindo a transliteración de Wade-Giles, ou Daodejing, en pinyin. Pode traducirse como O clásico da vía e do poder, O libro do dao e a súa virtude ou O libro do camiño e da virtude, entre outros.

Os libros chineses antigos adoitan recibir tamén o nome do seu autor, neste caso Laozi, o "vello mestre".Chalmers1868ix-6">[6] Xa que logo, o Daodejing pode aparecer tamén como o Laozi, especialmente nas fontes chinesas.Chan2013-4">[4]

O título Daodejing, que describe a obra como un clásico, empezouse a utilizar durante o reinado do emperador Jing dos Han (157-141 a.C.).Seidel196924,_50-7">[7] Outros títulos empregados son O sutra da vía e o seu poder (Daode zhenjing, 道德真經) e o descritivo Clásico dos cinco mil caracteres (Wuqian wen, 五千文).

Artigo principal: Laozi.
Laozi montado nun búfalo da India
Laozi montado nun búfalo da India

O Daodejing foi atribuído pola tradición a Laozi; non obstante, a existencia histórica desta figura é obxecto de debate. O seu nome, que significa literalmente "vello mestre", contribuíu a agravar a polémica.Cao2017-8">[8]

A primeira fonte biográfica sobre Laozi é o Shiji ("Rexistros do gran historiador") de Sima Qian (c. 145-86 a.C.), no que se combinan tres historias.Chan196335-37-9">[9] Na primeira delas, Laozi aparece como un contemporáneo de Confucio (551-479 a.C.).Cheng1997188-189-10">[10] O seu apelido era Li (李), e o seu nome Dan (聃) ou Er (耳).Cheng1997188-189-10">[10] Era un funcionario dos arquivos imperiais, que escribiu un libro en dúas partes antes de partir cara o oeste montado nun búfalo; a petición do gardián do paso de Han-ku, chamado Yinxi, Laozi compuxo o Daodejing.Cheng1997188-189-10">[10] De acordo coa segunda historia, Laozi viviu tamén nos tempos de Confucio, mais o seu nome sería Lao Laizi (老莱子), autor dun libro en quince partes. No terceiro relato, é retratado como un gran historiador e astrólogo chamado Lao Dan (老聃), durante o reinado do duque Xian dos Qin (r. 384-362 a.C.).

A historicidade de Laozi e a datación do Daodejing son aínda hoxe obxecto de debate. As análises lingüísticas do vocabulario do texto e o seu patrón de rima suxiren que foi composto despois do Shi jing, mais antes do Zhuangzi. Varias lendas afirman que Laozi naceu xa ancián, e que viviu durante 996 anos, con varias reencarnacións. Neste sentido, moitos expertos poñen en dúbida que Laozi fose unha persoa real.Lau1963162-11">[11] Cabe notar que, segundo unha reconstrución da pronuncia do chinés antigo da época do Daodejing, unhas tres cuartas partes da obra rimaban na lingua orixinal.Minford2018ix-x-12">[12]

A visión predominante na actualidade é que o texto é unha compilación ou antoloxía que representa o punto de vista de moitos autores. A versión herdada do texto tería sido compilada arredor do 250 a.C., en base a varias edicións anteriores.Chan2013-4">[4]

Versións

[editar | editar a fonte]

Versións principais

[editar | editar a fonte]
Edición do Daodejing de Wang Bi
Edición do Daodejing de Wang Bi (226-249)

Entre as múltiples edicións do Daodejing, destacan tres, nomeadas segundo os seus comentaristas. A versión de Yan Zun, da que só se conserva a segunda sección, deriva dun comentario atribuído ao erudito da dinastía Han Yan Zun (c. século I a.C.). A versión de Heshang Gong recibe o seu nome do lendario Heshang Gong, quen supostamente viviu durante o reinado do emperador Wen dos Han (180-157 a.C.). Este comentario conta cun prefacio escrito por Ge Xuan (164-244), tío avó do lingüista Ge Hong (283-343 ou 364). Estudos recentes suxiren que foi composta no século III. Por último, está a célebre versión de Wang Bi, a máis contrastada das tres. O filósofo Wang Bi (226-249) foi un importante pensador e comentarista do período dos Tres Reinos, que legou influentes comentarios do Daodejing e do Yi jing.Cheng1997328-13">[13]

Os textos de Mawangdui e Guodian

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Textos de Mawangdui e Textos de Guodian.

En 1973, un grupo de arqueólogos descubriu copias de varios textos da China arcaica nunha tumba datada do 168 a.C., agora coñecidos como os textos de Mawangdui.Chan2013-4">[4] Entre elas, había dúas versións completas do Daodejing, referidas como texto A (甲) e texto B (乙). Ámbalas dúas están invertidas respecto das edicións tradicionais, coa sección do De jing colocada antes da Dao jing. Tendo en conta os seus estilos de caligrafía e os tabús imperiais, pénsase que o texto A procede da primeira década do século II a.C., e o B da terceira década so mesmo século.Loewe1993269-14">[14]

En 1993, atopouse a versión máis antiga coñecida na vila de Guodian, en Jingmen (Hubei). Escrita en tiras de bambú, foi datada contra o ano 300 a.C. Os textos de Guodian constan dunhas oitocentas tiras de bambú, cun total de máis de 13 000 caracteres, 2 000 dos cales corresponden co Daodejing.

Tanto os textos de Mawangdui como os de Guodian son coherentes coas versións herdadas do texto, coa excepción da ordenación dos capítulos e as variantes gráficas de certos caracteres. Algunhas traducións recentes do Daodejing fan uso destas versións.

Estrutura e estilo

[editar | editar a fonte]

O Daodejing é un texto duns 5 000 caracteres, organizado en 81 capítulos ou seccións (zhang 章). A evidencia suxire que estas divisións foron posteriores, realizadas para facilitar os comentarios ou a memorización, e que o texto orixinal estaba composto dunha maneira máis fluída. A obra consta de dúas partes: o Dao jing (capítulos do 1 ao 37), e o De jing (capítulos do 38 ao 81), que se editaron xuntas para crear a versión herdada do texto. As escavacións máis antigas indican que a ordenación orixinal podería ter sido a inversa, chamada Dedaojing.

A escrita é lacónica, con poucas partículas gramaticais, o que favorece interpretacións variadas e, incluso, contraditorias. As súas ideas son peculiares, e o seu estilo, poético. A nivel retórico, combina dúas estratexias principais: enunciados declarativos breves e contradicións intencionadas. A primeira delas produce frases memorables, namentres a segunda obriga ao lector a reconciliar as supostas contradicións.Austin2010158-15">[15]

Canto aos caracteres, as versións orixinais probablemente foron redactadas en escrita de selo, mais as posteriores foron realizadas en escrita clerical ou regular.

Artigo principal: Dao.
道可道,非常道。
Dao ke dao, fei chang dao

O dao que pode ser expresado non é o verdadeiro dao.
Caligrafía do caracter dao 道
Caligrafía do caracter dao

O Daodejing describe o dao (camiño, vía) como a fonte ou orixe de todo o que existe: non pode verse, mais non é transcendente; é inmensamente poderoso, mais humilde. Lonxe do concepto de Deus das relixións deístas, trátase dun principio inimaxinable, inenarrable, eterno e absoluto, que non pode ser comprendido, xa que calquera tentativa de clasificalo crea unha dicotomía que non pode existir en algo eterno e absoluto.

Do mesmo xeito que no Zhuangzi, existe no Daodejing unha distinción entre a vía ou dao corrente e o auténtico dao, que sería o baleiro, a realidade última.Cheng1997203-205-17">[17] Como tal, segundo os primeiros versos da obra, sería unha realidade inefable ou indescritible, posto que calquera intento de comprendelo ou nomealo supón dividir a súa unidade, coa conseguinte aparición de contradicións ou paradoxos.Cheng1997203-205-17">[17] Porén, o dao é comprensible nas súas manifestacións, xa que é o produtor do ceo e a terra, e das "dez mil cousas do mundo" (é dicir, da natureza visible, da realidade material).Cheng1997203-205-17">[17] Xa que logo, é posible evocalo a través da súa actividade creadora.Cheng1997203-205-17">[17] Esta dualidade está na base do misterio ou carácter contraditorio do concepto de dao, que é a un tempo dicible e indicible, nomeable e sen nome, único (en si mesmo) e múltiple (nas súas manifestacións).Cheng1997203-205-17">[17]

Por outra banda, as persoas teñen desexos e libre albedrío, polo que poden alterar a súa propia natureza. Porén, moita xente actúa de xeito contrario á orde natural, afectando ao equilibrio do dao. O obxectivo do Daodejing é dirixir aos lectores para regresar ao seu estado natural, en harmonía co dao.IvanhoeVan_Norden2005162-18">[18] A linguaxe e mais a sabedoría convencionais son xulgados criticamente, xa que son inherentemente artificiais e cheas de prexuízos; o emprego de paradoxos serve para acentuar esta idea.Chan200022-19">[19]

Wu wei 無為

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Wu wei e Ziran.

A noción de wu wei 無為 (lit. "non acción, non facer") é central na filosofía do Daodejing. Trátase dun concepto con múltiples significados, polo que adoita traducirse de moi diversas formas segundo a sección do texto. Pode entenderse como non facer nada, non forzar as cousas, actuar de xeito espontáneo, fluíndo co momento.HuanWatts197578-86-20">[20]

Este termo está asociado co de ziran 自然 (natural, espontáneo), que expresa a harmonía do dao. Ziran reflicte a crenza daoísta de que as distincións de valor son ideolóxicas e que delas nace toda ambición. No Daodejing, ziran implica simplicidade e humildade, que son entendidas como virtudes esenciais, en contraste coas accións egoístas. A nivel político, isto supón evitar situacións como a guerra, as leis punitivas ou os impostos excesivos. Algúns daoístas estableceron unha conexión directa entre o wu wei e prácticas esotéricas como o zuowang ("sentar no esquecemento"; é dicir, baleirar a mente da consciencia do corpo e de todo pensamento), que tamén se atopa no Zhuangzi.Chan200022-19">[19]

Cosmogonía

[editar | editar a fonte]

As ideas cosmogónicas e metafísicas do Daodejing, de acordo con algunhas ramificacións do daoísmo, poden ser definidos da seguinte forma:

  • Todo nace do baleiro indiferenciado, inmensurábel, insondábel, que nunca pode ser exhausto: "o dao sen nome", que se move en torno de si mesmo sen parar. Deste "dao sen nome" (que non existe) nace o que existe (e ten nome): o camiño (dao). Non vemos o dao como Un por causa dos nomes con que designamos o que vemos cos nosos sentidos - as "dez mil cousas" (O carácter chinés que significa "dez mil", wan , sase, como tamén no grego, para significar unha miríade, ou sexa, un número grande e indefinido). É co aparecemento dos nomes cando aparecen todas as cousas e o Un transfórmase en moitos.
  • A virtude (de) é a manifestación do dao a través da súa misteriosa operación: o chamado "actuar sen actuar" (a acción involuntaria que caracteriza a natureza das cousas), "o modo de camiñar".
  • A partir destas ideas cosmogónicas e metafísicas. Laozi deduce un sistema de moral e regras de conduta que ten por obxectivo conformar as accións humanas coa orde natural do Universo. O ser humano naceu do dao, pero despois comezou a desviarse dos seus atributos, ou sexa, perdeu a virtude, o saber como camiñar. O camiño do dao é o camiño de volta ao estado de graza en harmonía co dao.
  • Dao é normalmente traducido como "camiño" ou "vía". Porén, este camiño non se distingue do camiñante ou do camiñar. Non hai un creador. O universo (o ceo e a terra) apareceu (e aparece continuamente) a partir do dao primordial. O que existe aparece do que non existía antes e é eterno. O universo é como un organismo vivo resultante da expansión vitalizada do dao (a orde natural). O dao maniféstase continuamente no fluxo e refluxo constante de todas as cousas que existen e que se crearon pola súa actividade.
  • O dao non ten personalidade. O que vitaliza o universo son dous principios ou substancias que, combinados, son o dao: o yang (luz, calor, creativo, masculino), que existe especialmente concentrado no ceo, e o yin (sombra, frío, receptivo, feminino), que existe especialmente concentrado na terra.
  • Varios filósofos daoístas chineses entenden os versos que expoñen as ideas cosmogónicas sobre o inicio do universo como sendo, de feito ou tamén, a descrición do modo como a consciencia da realidade externa emerxe na nosa mente.

Cando vemos unha cor ou ouvimos un son, hai un momento breve inicial en que o noso cerebro aínda non fixo un xuízo sobre a nosa percepción; non sabemos aínda que son ou cor é, nin sequera temos aínda unha consciencia clara que estamos a ouvir ou ver algunha cousa. Estamos no dominio "do sen nome", do baleiro indiferenciado que nunca pode ser exhausto ou descrito. Despois, cando emerxe a consciencia e o pensamento, que ten por base a linguaxe, pasamos ao dominio "do que ten nome" e vemos entón todas cousas diferenciadas, cada unha co seu nome. Co aparecemento dos nomes, aparecen todas as cousas e o Un transfórmase en moitos.

En termos mentais, o camiño do dao é o camiño de volta a ese breve "estado de graza" inicial. Un estado en que calquera traballo mental interior elimínase e en que regresamos á nosa espontaneidade natural. As prácticas do budismo chan ou zen, que tiveron a súa orixe nas ideas daoístas, teñen como obxectivo exactamente atinxir ese estado mental primordial de fusión paradoxal co Un.

Traducións

[editar | editar a fonte]

En galego

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]

En portugués

[editar | editar a fonte]
  • Dao de jing: O livro do Tao (2017). Tradución directa de Chiu Yi Chih. ISBN 978-8568871058

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]