Christos Yannaras
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
(2013) | |
Nome orixinal | (el) Χρήστος Γιανναράς |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de abril de 1935 (89 anos) Atenas, Grecia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Grecia |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Educación | Universidade Paris 1 Panthéon-Sorbonne (pt) - filosofía Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn - filosofía Universidade de Atenas - teoloxía Universidade Aristóteles de Salonica (pt) - filosofía |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía, teoloxía e actividade literaria |
Ocupación | escritor , filósofo , teólogo , profesor universitario |
Empregador | Panteion University (en) Universidade de París |
Lingua | Lingua grega moderna |
Premios |
Christos Yannaras, nado en Atenas o 10 de abril de 1935, é un teólogo da Igrexa ortodoxa grega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Estudou filosofía e teoloxía en Atenas, Bonn e París. Doutor na Facultade de Letras da Sorbona e da Facultade de Teoloxía de Tesalónica. É membro da Academia Internacional de Ciencias Relixiosas. É tamén profesor emérito de filosofía no Instituto de Ciencias Políticas de Atenas.
Pensamento
[editar | editar a fonte]A fe non é unha certeza intelectual ou produto dun coñecemento obxectivo, é un acontecemento e unha experiencia de relación.
Critica a teoloxía da Igrexa católica por desterrar a Deus a un ámbito inaccesible á experiencia e por establecer unha separación entre relixión e vida. A teoloxía non debe ser un desenvolvemento teórico de axiomas e ideas, senón expresión e formulación dunha experiencia de vida que necesita unha linguaxe diferente á dos conceptos e informacións obxectivas.
A relación do home con Deus non é a dun suxeito e un obxecto senón unha relación persoal erótica; só se albisca un coñecemento de Deus deixándose penetrar polas enerxías divinas, mediante unha experiencia de unión coa divindade. Se se concibe a Deus como na escolástica, como a causa do universo, o mundo aparece como afastado de Deus, o que acaba conducindo á secularización, a un finalismo orientado á utilidade, ao asoballamento da natureza e da historia pola técnica, a un mundo, en definitiva, esgotado e consumido.
Fronte a isto cómpre recuperar a cosmoloxía dos Pais da Igrexa gregos que preserve de verdade a vida e estea ao servizo dela. A crise ambiental traduce a perda do sentido do cosmos como animado polo Espírito, e que, polo tanto, queda reducido a unha materia morta destinada a satisfacción dos propios desexos.
Yannaras ao igual que Pavel Florenskii fai fincapé na experiencia da beleza, pero aquela beleza que sinala alén de si mesma e que é un chamamento tráxico a unha plenitude de vida, que se recoñece como inalcanzábel.