Provincia de Mendoza
Aparencia
A provincia de Mendoza é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.741.610 habitantes (2010) e a súa capital é Mendoza.
Situada na Rexión de Cuyo, limita polo norte coa provincia de San Juan, polo leste coa provincia de San Luis, polo sur coa La Pampa e Neuquén, e polo oeste con Chile; este último límite segue a cordilleira dos Andes.
Cunha superficie de 148 827 km², é a sétima provincia máis extensa do país, polo que ocupa o 5,35% da superficie total do mesmo.