Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Samuel Goldwyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSamuel Goldwyn

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(yi) שמואל געלבפֿיש
(pl) Szmuel Gelbfisz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1882 Editar o valor en Wikidata
Varsovia, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1974 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor de cinema , escritor , produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1917 Editar o valor en Wikidata - 1953 Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalLouis B. Mayer (pt) Traducir
Marcus Loew (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFrances Howard (1925–1974)
FillosSamuel Goldwyn Jr. (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentesTony Goldwyn (pt) Traducir () Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0326418 Allmovie: p91976 TCM: 73184
BNE: XX1499699 Musicbrainz: 6bbd4fb0-7b8f-4486-98c7-3a813f4909dc WikiTree: Gelbfisz-1 Find a Grave: 402 Editar o valor en Wikidata

Schmuel Gelbfisz, coñecido como Samuel Goldwyn, nado en Varsovia o 17 de agosto de 1879[1] e finado nos Ánxeles o 31 de xaneiro de 1974 foi un produtor de cinema estadounidense de orixe polaca, fundador da compañía Metro-Goldwyn-Mayer.

Dotado de gran talento e inventiva, no seu case medio século de actividade produciu numerosos filmes de calidade, especialmente no xénero do melodrama e da comedia musical, sendo á súa vez descubridor de grandes talentos, tanto na dirección (Cecil B. DeMille ou William Wyler) como na interpretación (Gary Cooper, David Niven, Danny Kaye, Lili Damita ou Eddie Cantor).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Goldwyn naceu en Varsovia nunha familia xudía hasídica. Os seus pais foron Aaron Dawid Gelbfisz (1852-1895), vendedor ambulante, e a súa esposa Hanna Reban (de solteira Jarecka; 1855-1924).[2] De moi novo abandonou Varsovia a pé e sen cartos. Viaxou a Birmingham, onde permaneceu con familiares durante uns anos usando o nome de Samuel Goldfish. Tiña dezaseis anos cando morreu o seu pai.

En 1898 emigrou aos Estados Unidos, mais temendo ser rexeitada a súa entrada, atracou en Nova Scotia, Canadá, antes de mudarse ao estado de Nova York en xaneiro de 1899. Atopou traballo en Gloversville, Nova York, no negocio da roupa. Axiña o seu talento para o márketing converteuno nun vendedor de éxito en Elite Glove Company. Tras catro anos, como vicepresidente de vendas, instalouse en Nova York.[3]

En 1913, xunto co seu cuñado Jesse L. Lasky, Cecil B. DeMille e Arthur Friend formou unha compñía, The Jesse L. Lasky Feature Play Company, para producir longametraxes.

  1. Samuel Goldwyn, Lobo Solitario de Hollywood (en inglés)
  2. "Goldwyn". 
  3. A. Scott Berg, Goldwyn, a Biography

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]