A silva na cultura popular galega
Aparencia
Locucións
[editar | editar a fonte]- Avogado das silveiras: aplícase a quen, sen ter o título de avogado, presume de saber de leis. Tamén, a quen adoita actuar de mala fe para provocar disputas e preitos dos que tirar algún proveito.
- Fillo de tralas silveiras: fillo de solteira.[1]
- Ser coma unha ovella atada a unha silva: mostrar pouca disposición.[2]
Refraneiro
[editar | editar a fonte]- Ano de amoras, ano de choras[3][4].
- Pouca lá e polas silveiras[5].
- Se San Xoán chora, a silveira non dá mora.[6]
- Se San Xoan chora, a silveira non dá moras.[7]
Cantigueiro
[editar | editar a fonte]- A silva que me picou/ ela no camiño queda,/ inda me non picou silva/ que me non vingase dela[8].
- A silveira prendediza/ prende no aro da poza;/ tamén os amores prenden/ no curazón dunha moza[9].
- Antes quero á miña porta/ unha silva que me pique/ que non unha mala lengoa/ que a miña honra me quite[10].
- Arriba raposo,/que estás tras do toxo,/non comas o año/a Pedro Castaño/que vai na ribeira/catar a manteiga/pra a vella parida/que está na silveira/con feixe de estelas/queimando as canelas.
- Dices que non pode ser/ silva verde dar un cravo,/ védelo eiquí ben bonita/ criado no monte bravo[11].
- Foi a merla onde a formiga/ e pedíulle un pan prestado;/ a formiga lle repuxo:/ Mentras andas na silveira,/ chirlo merlo, chirlo merlo,/ traballa de vrau/ pra comer de inverno.[12]
- Moreniña, moreniña,/ morena coma unha mora;/ non sei que ten o moreno/ que a todo o mundo namora[13].
- O crego da miña aldea/ ten as cirolas rachadas/ que llas rachou a silveira/ por correr tras das criadas.[14]
- O paxaro cando canta/ mete o rabo na silveira,/ esí fai a boa moza/ cando non hai quen a queira.[15]
- O paxaro, cando canta,/ mete o rabo nas silveiras;/ tamén o meten as mozas/ cando non ten quen os queira.[16]
- O reiseñol cando canta/ mete o pico na silveira,/ tamén eu me adivertía/ cunha meniña solteira.[17]
- Quen me dera miña nai/ anque fora dunha silva,/ que anque me a silva picara/ eu sempre era a súa filla[18].
- Teño unha flor de silveira/ que me deu o meu amor/ cando viñamos da festa,/ da festa da Conceición[19].
- Teño unha silveira á porta/ que de contado me prende,/ teño unha mala veciña/ que sen diñeiro me vende[20].
- Tu disme que non me queres,/ non me dá pena maldita,/ que a mancha dunha mora/ con outra verde se quita[21].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García 1985.
- ↑ Cerviño 2013.
- ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. ano.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
- ↑ Equivale a eramos poucos e pariu a avoa.
- ↑ Soto 2013.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 47.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 47. No orixinal: de unha.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 41.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 70.
- ↑ Rivas 1978.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 105.
- ↑ Bouza 1929, p. 196.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 122.
- ↑ Ramón 1982, p. 217.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 123.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 137.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández', 152. Festa de Santa María a Real de Entrimo, o 15 de agosto.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 153.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 157.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouza Brey, Fermín (1929). "Cantigas populares da Arousa". Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (III): 153–204.
- Cerviño Ferrín, Mª Victoria (2013). "Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 2". Cadernos de Fraseoloxía Galega (15): 441–462.
- García González, Constantino (1985). Glosario de voces galegas de hoxe. Verba, anexo 27. Universidade de Santiago de Compostela.
- Ramón Fernández-Oxea, Xosé (1982). "Santa Marta de Moreiras". Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 41. Sada: Ediciós do Castro.
- Rivas Quintas, Elixio (1978). Frampas, contribución al diccionario gallego. Salamanca: CEME.
- Rodríguez González, Eladio (1958-1961). Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo: Galaxia.
- Soto Arias, Mª Rosario (2013). "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos". Cadernos de Fraseoloxía Galega (15): 347–370.