Abd el-Krim
Nome orixinal | (ar) محمد بن عبد الكريم الخطابي |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1882 Ajdir (Marrocos) |
Morte | 6 de febreiro de 1963 (81 anos) O Cairo, Exipto |
Causa da morte | morte morrida |
General in the first World War (en) | |
18 de setembro de 1921 – 17 de maio de 1926 (Guerra do Rif) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Marrocos |
Relixión | Islam |
Educación | Universidade Al Quaraouiyine (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Política e xornalismo |
Ocupación | cadí , escritor , presidente , membro da resistencia , político , xornalista , tradutor |
Lingua | Lingua árabe, lingua italiana, lingua francesa, lingua castelá, lingua inglesa, Lingua rifeña e Lingua bérber |
Carreira militar | |
Lealdade | República do Rif |
Rango militar | capitán xeneral |
Conflito | Batalla de Annual e Guerra do Rif |
Participou en | |
8 de setembro de 1925 | Desembarco de Alhucemas |
29 de xullo de 1921 | Massacre of Monte Arruit (en) |
22 de xullo de 1921 | Batalla de Annual |
8 de xuño de 1911 | Guerra do Rif |
Familia | |
Pai | Abdelkrim Khattabi (en) |
Irmáns | Mhamed Abd el-Krim (en) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Abd el-Krim[1] (amazigh: Mulay Abdelkrim, nome completo: Muhammad Ibn 'Abd El-Karim El-Khattabi), nado en Ajdir o 12 de xaneiro de 1882 e finado no Cairo o 6 de febreiro de 1963, foi un líder bérber do Rif convertido en líder da resistencia armada do goberno colonial español e francés no norte de África.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai era Abdelkrim El-Khattabi, un cadi (xuíz islámico) do clan Ait Yusuf da tribo Aith Uriaghel, colaborador dos españois. Abd el-Krim estudou na Universidade de Fez e ao rematar recibiu o nomeamento de cadi en Melilla. Durante a primeira guerra mundial seu pai colaborou cos alemáns e Abd el-Krim permaneceu en prisión un ano (1915). Cando os españois entraron nas montañas do Rif en 1919 seu pai chamou os seus fillos e Abd el-Krim acudiu á chamada. Trala morte de seu pai en agosto de 1920 Abd el-Krim converteuse no líder da resistencia rifeña, en xuño de 1921 os rifeños dirixidos por Abd el-Krim atacaron unha posición española en Abarran, a súa caída supuxo o punto de partida dunha resistencia máis ampla có comezo da Guerra do Rif, durante o verán atacáronse posicións españolas e o 22 de xullo derrotou ás tropas españolas na batalla de Annual.
Abd el-Krim constituíu un goberno central no Rif, nomeou un cadí en cada cabila co obxecto de reforzar ese poder e unha policía secreta que o mantiña informado, tamén organizou un exército regular, que non conseguiu desenvolverse xa que a maioría das accións militares realizáronas as propias cabilas. En 1923 estendeu o seu poder sobre Gomara, rexión ao oeste do Rif. En 1924 fíxose co control da Yebala (rexión ao sur de Tetuán) pero tivo contestación das cabilas locais, que non recoñecían a súa autoridade, e ás que reprimiu. En abril de 1925 atacou posicións francesas e en xuño as tropas rifeñas estaban a 40 quilómetros de Fez, mentres tanto España e Francia chegaban a un acordo en Madrid para unha acción militar coordinada, o 10 de setembro desembarcaron tropas españolas mentres os franceses avanzaban polo sur. O 26 de maio de 1926 Abd el-Krim rendeuse aos franceses que o deportaron á illa de Reunión, en 1947 fuxiu mentres era trasladado á metrópole e refuxiouse en Exipto, onde encabezou o Comité de Liberación do Magreb Árabe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diciopedia do século 21 (2006): Abd el-Krim: Caudillo marroquí (1882-1963), gobernador de Melilla. Organizou a sublevación contra o dominio español e obtivo as vitorias de Annual e Monte Arruit (1921). Ao fustrigar os franceses provocou o desembarco hispano-francés de Alhucemas...
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abd el-Krim |