Airdeconut de Northumbria
Biografía | |
---|---|
Rei de Northumbria | |
900 – 902 ← Cnut de Northumbria – Eowils e Halfdan → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Airdeconut foi rei da Northumbria conquistada polos viquingos, chamada Jórvik, do 900 ao 902, datas deducidas polas moedas atopadas.
Moedas atopadas
[editar | editar a fonte]No ano 2011 foi atopado un tesouro de moedas e xoias antigas en Silverdale, Lancashire. Unha das moedas tiña a inscrición AIRDECONUT por un lado e polo outro as letras DNS (unha abreviatura de DOMINVS) REX[1]. DOMINVS REX é unha expresión latina que pode ser traducido por "señor e rei"[2]. Os expertos do Museo Británico dixeron que a palabra Airdeconut debe ser unha forma do nome nórdico Harthacnut. De acordo con estes expertos, tendo en conta o deseño da moeda, está relacionada coas que se atoparon coas inscricións dos reis Siefredus e Cnut, que gobernaron o mesmo territorio conxuntamente entre 895 e 905[3]. A moeda suxire que Airdeconut foi un rei cristián, xa que aparece nela unha cruz no reverso, xunto con DNS REX.
Esta moeda é a única peza que proba a existencia dun gobernante de Northumbria chamado Harthacnut[4]. Segundo Gareth Williams, responsable das moedas medievais máis antigas do museo, había máis de cincuenta anos que non se descubría a existencia dun rei medieval dos que gobernaron no territorio de Gran Bretaña; anteriormente nun tesouro atopado en 1840, descubríranse outros dous reis de orixe nórdica.
Contexto histórico
[editar | editar a fonte]É probábel que Airdeconut fose un dos varios reis que compartiron o poder durante a época da Northumbria conquistada polos viquingos no inicio do século X[5]. Este período caracterizouse pola inestabilidade política, os gobernantes viquingos de Dublín foron expulsados no 902 e algúns deles foron á illa de Gran Bretaña, onde os reinos anglosaxóns comezaban a se uniren para formar o reino de Inglaterra[6]. Algúns deles chegaron ao trono de Jórvik[7]. Houbo moitas batallas dos anglosaxóns de Mercia e Wessex contra os viquingos establecidos en Northumbria e en Anglia Oriental. Todo culminou coa batalla de Tettenhall en 910, cando un exército combinado de Wessex e Mercia derrotou os viquingos e na que morreron algúns dos reis de Northumbria, entre os que estaban Eowils e Halfdan[8][9].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maev Kenedy The Guardian, 14-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].
- ↑ David Wilkes «Viking silver unearthed in England». Independent, 15-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].
- ↑ Andrew Hough «Viking hoard provides new clues to 'previously unknown ruler'». The Telegraph, 15-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].
- ↑ Ian Richardson British Museum, 14-12-2011 [Consulta: 5 xullo 2017].
- ↑ Jack Malvern «Metal detector forager discovers Viking hoard of silver in Lancashire field». The Australian [Consulta: 5 xullo 2017].
- ↑ Robin et al., p. 33.
- ↑ Cannon & Hargreaves 2009, p. 63–68.
- ↑ Cannon & Hargreaves 2009, p. 65.
- ↑ Downham 2007, p. 87—89.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cannon, John; Hargreaves, Anne (26 Marzo 2009). The Kings and Queens of Britain. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-158028-4.
- Downham, Clare (2007). Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014. Edinburgh: Dunedin Academic Press. ISBN 978-1-903765-89-0.
- Robin, Jim; Smith, Sharon; MacDonald, Fiona; Margeson, Susan M.; Edgeworth, Louise. The Vikings. CUP Archive.