Al Harrington
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 17 de febreiro de 1980 (44 anos) Orange, Nova Jersey |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 111 kg (245 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | St. Patrick (Elizabeth, New Jersey) |
NBA Draft | 1998 / Rolda: 1 / Elección: 25 Por Indiana Pacers |
Carreira | 1998–2015 |
Historial de equipos | |
Indiana Pacers (1998–2004) Atlanta Hawks (2004–2006) Indiana Pacers (2006–2007) Golden State Warriors (2007–2008) New York Knicks (2008–2010) Denver Nuggets (2010–2012) Orlando Magic (2012–2013) Washington Wizards (2013–2014) Fujian Sturgeons (2014) Sydney Kings (2015) |
Albert Harrington, nado o 17 de febreiro de 1980 en Orange, Nova Jersey, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xogou durante 16 tempadas na National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Harrington foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Indiana Pacers, onde xogou durante seis tempadas. O 15 de xullo de 2004, Harrington foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Stephen Jackson.[1] O 22 de agosto de 2006, Harrington foi traspasado de novo ós Pacers xunto a John Edwards.[2]
O 17 de xaneiro de 2007, Harrington foi traspasado ós Golden State Warriors xunto a Stephen Jackson, Šarūnas Jasikevičius e Josh Powell, a cambio de Troy Murphy, Mike Dunleavy, Ike Diogu, e Keith McLeod.[3]
O 21 de novembro de 2008, Harrington foi traspasado ós New York Knicks a cambio de Jamal Crawford.[4] Nas dúas tempadas cos Knicks xogou o mellor baloncesto da súa carreira, onde acadou 19.2 puntos, 5.9 rebotes, 1.4 asistencias e 1.0 roubos de balón en 32.7 minutos de xogo por encontro, nun total de 140 partidos disputados.[5]
O 15 de xullo de 2010, Harrington asinou cos Denver Nuggets.[6]
O 10 de agosto de 2012, Harrington foi traspasado ós Orlando Magic, nun traspaso entre catro equipos que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.[7] O 2 de agosto de 2013, foi cortado polos Magic.[8]
O 14 de agosto de 2013, Harrington asinou cos Washington Wizards.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hawks obtain Al Harrington from Indiana for Stephen Jackson
- ↑ Pacers get Harrington from Hawks for first-round pick
- ↑ "Pacers, Warriors announce 8-player deal". MOPSquad.com. 17 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2008. Consultado o 23 de decembro de 2007.
- ↑ "Knicks Acquire Al Harrington". NBA.com. 21 de novembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2009.
- ↑ "Al Harrington NBA & ABA Stats". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2011. Consultado o 06 de xuño de 2019.
- ↑ "Denver Nuggets sign Al Harrington". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 06 de xuño de 2019.
- ↑ "It's official: Howard dealt to Lakers in four-team trade". NBA.com. 10 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2012. Consultado o 10 de agosto de 2012.
- ↑ Magic Request Waivers on Al Harrington
- ↑ "Wizards Sign Al Harrington". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 14 de agosto de 2013. Consultado o 14 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 18 de outubro de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1980
- Nados no condado de Essex, Nova Jersey
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Washington Wizards