Alexánder Doval Expósito
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1990 (33 anos) Sigüeiro, España |
Alcalde de Oroso | |
2023 – ← Luís Rey Villaverde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | político , avogado |
Lingua | Lingua galega |
Alexánder Doval Expósito, nado en Sigüeiro, no concello de Oroso, o 8 de novembro de 1990, é un político e avogado galego pertencente ao Partido Popular de Galicia, alcalde de Oroso dende xuño de 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de pai periodista e nai economista, neto do músico Ricardo Doval Doldán, propietario da orquestra Los Satélites durante máis de 40 anos.
Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dereito pola Universidade da Coruña,[1] fixo un mestrado en Asesoría Xurídica de Empresa nesta última universidade e MBA (Master Bussines Administration; Mestrado en Administración de Negocios) no IECE.
Está afiliado ao PPdeG dende o ano 2007 e foi presidente de Novas Xeracións de Galicia en Oroso entre 2008 e 2017, e membro das Xuntas Directivas de Novas Xeracións provincial, rexional e estatal.
En 2011, converteuse en concelleiro en Oroso, e foi o voceiro do PPdeG no concello dende 2015. Tamén en 2011, entrou na dirección provincial do PP.
Nas eleccións municipais de 2023, obtivo unha ampla maioría absoluta recuperando á alcaldía de Oroso, tras algo máis de dúas décadas en mans do PSdeG-PSOE, converténdose en xuño de 2023 en alcalde de Oroso.[2]
Entre outros cargos ostenta o da presidencia da Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, membro da Comisión de Fondos Europeos da FEMP, Vicepresidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e membro da directiva da Asociación de Concellos do Camiño Inglés.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arca, O.P. (2 de xuño de 2023). "Álex Doval, futuro alcalde de Oroso: «A gratuidade da AP-9 de Sigüeiro a Santiago é a alternativa á variante da N-550»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 3 de maio de 2024.
- ↑ Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Luís Rey Villaverde |
Alcalde de Oroso 2023 - ? |
Sucesor: no cargo |