Amancio Landín Carrasco
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Amancio Landín.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de novembro de 1918 Pontevedra, España |
Morte | 28 de xullo de 2018 (99 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador , militar |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Amancio Landín Jaraiz |
Pai | Prudencio Landín Tobío |
Irmáns | Rafael Landín Carrasco e Prudencio Landín Carrasco |
Amancio Landín Carrasco, nado en Pontevedra o 3 de novembro de 1918 e finado ibídem o 28 de xullo de 2018,[1] foi un historiador naval e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Prudencio Landín Tobío. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1941), foi profesor axudante de Dereito penal. Ingresou no corpo xurídico da Armada (1942) e foi coronel auditor (1966). Foi bolseiro do Instituto Histórico de Mariña do Consello Superior de Investigacións Científicas (1943-45). Doutorouse en Dereito pola Universidade de Madrid en 1974. Foi secretario e vogal do Tribunal de Defensa da Competencia. Dirixiu o periódico Litoral (1954-1955) e foi subdirector da Revista General de Marina.
É pai do político Amancio Landín Jaraiz.
Obras
[editar | editar a fonte]- Vida y viajes de Pedro Sarmiento de Gamboa, 1945.
- Manual de Derecho Penal y Procedimientos Militares, 1947.
- Estudio criminológico sobre la multirreincidencia, 1965.
- España y Galicia en el estrecho de Magallanes, 1970.
- Tropa de hidalgos y mareantes, 1970.
- Mourelle de la Rúa, explorador del Pacífico, 1971.
- Islario español del Pacífico, 1984.
- Miscelánea marinera, 1984.
- Galicia e os descubrimentos oceánicos, 1991.
- Noticias de Portomaior, 1995.
- Figuras con mi pueblo al fondo, 2002.
- Caminar es vivir, 2006.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ G., Xurxo (27/7/2018). "Fallece el historiador Amancio Landín Carrasco". Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Landín Carrasco, Amancio". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 217.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 268.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xenealoxía dos Landín Arquivado 03 de xuño de 2012 en Wayback Machine.
- Amancio Landín: "Filgueira me llamaba 'Rillote", Diario de Pontevedra, 8/3/2015 (en castelán).