Antonio Pedrosa Latas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1916 Lugo, España |
Morte | 25 de febreiro de 1990 (73 anos) Los Molinos, España (pt) |
Procurador en Cortes | |
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964 Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961 Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1955 – 11 de marzo de 1958 – Ignacio del Cuvillo Merello (en) → Lexislatura: V lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
10 de xuño de 1952 – 13 de abril de 1955 Lexislatura: IV lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946 Lexislatura: I lexislatura das Cortes franquistas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , militar , avogado do estado |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Pilar Pedrosa |
Premios | |
Antonio Pedrosa Latas, nado en Lugo o 23 de agosto de 1916 e finado en Los Molinos (Madrid) o 25 de febreiro de 1990,[1] foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou na organización de Falange Española en Lugo baixo a dirección de José Cedrón del Valle en 1934[2]. Combateu no bando nacional durante a guerra civil española. Chegou a Tenente Coronel de Infantaría. Foi asesor xurídico do Instituto Social da Mariña e secretario do Sindicato Nacional de Pesca[3]. Asesor xurídico do Ministerio de Traballo. Xefe Provincial do Movimiento Nacional na provincia de Ourense até xuño de 1940. Xefe Nacional do Sindicato da Pesca. Director Xeral Técnico do Instituto Social da Mariña.
Foi procurador en Cortes durante a primeira lexislatura do franquismo en representación da Organización Sindical, designado pola Xunta Extraordinaria da Delegación Nacional de Sindicatos. Volveu ocupar o escano durante as sete últimas lexislaturas. Foi Conselleiro Nacional, membro do IX Consello Nacional de FET y de las JONS[4] e tamén do X Consello Nacional[5].
Pedrosa Latas protagonizou en febreiro de 1976 unha intervención ante a Comisión de Defensa Nacional das Cortes, na que cualificou á Universidade de búnker marxista e dixo:[6]
"...En la Universidad de Madrid comienza a correr la sangre, pero, aunque esto es grave, no es lo más importante. Lo verdaderamente grave es que en los claustros universitarios el grito de Viva España va constituyendo ya un delito y los patriotas pasan así por delincuentes.."Intervención ante a Comisión de Defensa Nacional das Cortes Españolas.
Nas eleccións xerais de 1977 foi candidato ao senado por Alianza Popular pero non resultou elixido.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla de Ouro do concello de Lugo.[7] Retirada en 2015.
- CEIP Antonio Pedrosa Latas en Celeiro (Viveiro). O concello de Viveiro acordou en febreiro de 2018 aprobar á petición do CEIP Antonio Pedrosa Latas para cambiar a súa denominación pola de CEIP de Celeiro en aplicación da Lei de Memoria Histórica.[8]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Concepción González de Castejón Patiño e foi pai de Pilar Pedrosa González de Castejón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ "Jefatura Territorial de Galicia.". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2011. Consultado o 20 de agosto de 2012.
- ↑ ABC-Sevilla, 3 de novembro de 1942
- ↑ BOE núm. 117, de 17 de maio de 1961.
- ↑ BOE núm. 147, de 19 de xuño de 1964.
- ↑ La policía no ha facilitado nueve nombres de los detenidos por el asalto a Derecho. Jacobo Pedrosa ya participó en un acto similar en 1976, El País 01/02/1979
- ↑ DISTINCIONES HISTÓRICAS DEL AYUNTAMIENTO DE LUGO
- ↑ Viveiro da luz verde a retirar el nombre de Pedrosa Latas al colegio de Celeiro
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.