Asima Chatterjee
Nome orixinal | (bn) অসীমা চট্টোপাধ্যায় |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de setembro de 1917 Calcuta (Raj Británico) |
Morte | 22 de novembro de 2006 (89 anos) Calcuta, India |
Membro do Rajya Sabha | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India (1950–) Raj Británico (–1947) |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Universidade de Calcuta Scottish Church College (en) Lady Brabourne College (en) University College of Science, Technology & Agriculture (en) |
Actividade | |
Ocupación | química , botánica , profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Calcuta |
Membro de | |
Profesores | Satyendra Nath Bose |
Premios | |
Asima Chatterjee ( bengalí: অসীমা চট্টোপাধ্যায় :), nada o 23 de setembro de 1917 en Bengala[1] e finada o 22 de novembro de 2006, foi unha botánica e farmacéutica india destacada polo seu traballo nos campos da química orgánica e da fitomedicina. [2] Destacan os seus estudos sobre alcaloides da vinca, e o desenvolvemento de fármacos antiepilépticos e antipalúdicos. Tamén foi autora dun considerable volume de textos sobre plantas medicinais do subcontinente indio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vida temperá
[editar | editar a fonte]Asima Chatterjee foi unha estudante excelente, creceu en Calcuta, asistindo ao sistema escolar local, e máis tarde matriculouse no Scottish Church College da Universidade de Calcuta, graduándose con honores en química en 1936.[3] [4]
Traballo académico
[editar | editar a fonte]En 1938, obtivo un máster en química orgánica na Universidade de Calcuta, onde se doutorou en 1944. A súa tese de defensa centrouse na química dos produtos vexetais e na química orgánica sintética. Entre os seus instrutores notables nese momento estaban Prafulla Chandra Roy e Satyendra Nath Bose . Ademais, tamén gañou experiencia como visitante das Universidades de Wisconsin, Madison e California Institute of Technology (Caltech).
Os seus estudos centrados na química dos produtos naturais, deu como resultado a obtención de anticonvulsivos, antipalúdicos e fármacos de quimioterapia.
Carreira
[editar | editar a fonte]En 1940, uniuse ao "Lady Brabourne College", da Universidade de Calcuta, como directora fundadora do Departamento de Química. En 1944, Chatterjee foi a primeira muller en recibir un doutoramento en ciencias por unha universidade india. En 1954, Asima Chatterjee uniuse á Facultade de Ciencias da Universidade de Calcuta, como profesora de química pura. En 1962, Chatterjee foi nomeada para a prestixiosa Facultade de Química Khaira da Universidade de Calcuta, cargo que ocupou ata 1982.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Segunda muller despois de Janaki Ammal en obter un doutoramento en ciencias nunha universidade india, a Universidade de Calcuta en 1944.
- En 1960, elixida para a Academia Nacional de Ciencias da India, Nova Delhi.
- En 1961, recibiu o Shanti Swarup Bhatnagar en ciencias químicas, converténdose na primeira muller en recibir ese premio .
- En 1975, foi a primeira científica elixida como Presidenta Xeral da Asociación de Congresos Científicos da India.
- Nomeada pola Presidencia da India como membro do Rajya Sabha de 1982 a 1990.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mention of the maiden name
- ↑ The Shaping of Indian Science. p. 1036.
- ↑ Some Alumni of Scottish Church College in 175th Year Commemoration Volume Scottish Church College, 2008, p. 584
- ↑ "Chemistry alumni of Scottish Church College". Archived from the original on 06 de abril de 2009. Consultado o 19 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Asima Chatterjee, química no blog Mujeres con ciencia