Benjamín García Diéguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 Barbeitos, España |
Morte | 28 de agosto de 1940 (23/24 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Largo |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Benjamín García Diéguez, O Largo, nado en Barbeitos (Negrelos, Rodeiro) en 1916 e finado en Pontevedra en 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Benjamín, coñecido por O Largo de Barbeitos, liderou un grupo de fuxidos nada máis estalar a Guerra civil. Actuaban sobre todo na Serra do Faro. Ferido e detido nun enfrontamento coa Garda civil na Ponte (Pedroso) o 5 de novembro de 1939, foi xulgado en Pontevedra e condenado á pena de morte. Foi executado o 28 de agosto de 1940.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Igrexas, Manuel: Fuxidos ou guerrilleiros. Os inicios da resistencia armada ao franquismo no Deza (2/9/2012) en Historias de Deza.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 71. ISBN 84-8485-231-8.