Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Cámbrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
< | Eón Fanerozoico |  

Paleozoico

Mesozoico

Cenozoico

Na escala de tempo xeolóxico, o Cámbrico[1] é o período da era paleozoica do eón fanerozoico que está comprendido entre 542 millóns e 488 millóns e 300 mil anos atrás, aproximadamente.

O período cámbrico sucede ao período ediacárico da era neoproterozoica, do eón proterozoico, e precede o período ordovícico da súa era.

Divídese nas épocas Cámbrico inferior, Cámbrico medio e Cámbrico superior, da máis antiga para a máis recente.

Explosión cámbrica[editar | editar a fonte]

Trilobites do período Cámbrico provenientes de Marrocos, no Museu de História Natural de Sintra.

Durante o Cámbrico ocorre a maior diversificación da vida, evento coñecido como explosión cámbrica.

Durante este período, apareceron moitos dos principais grupos de animais que existen hoxe, incluíndo artrópodos, moluscos, esponxas, e cordados.

A explosión cámbrica é un dos eventos evolutivos máis importantes da historia da Terra.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cámbrico.
  2. "The Cambrian Explosion of Life with Paleontologist Karma Nanglu". naturalhistory.si.edu; Smithsonian National Museum of Natural History (en inglés). Consultado o 2024-07-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.