Dáctilo (zooloxía)
En zooloxía, denomínase dáctilo a dúas estruturas corporais presentes en senllos grupos de invertebrados:
Crustáceos
[editar | editar a fonte]En moitos crustáceos o dáctilo é o segmento terminal do seus apéndices torácicos. En certos casos, como nos decápodos, o dáctilo, canda o propodio, forma a quela ou pinza. Nos decápodos comestíbeis, o dáctilo coñécese popularmente como uña.
Cefalópodos
[editar | editar a fonte]Nos cefalópodos o dáctilo é a porción final dos brazos ou raxos. É estreito e, a miúdo, está caracterizado pola colocación asimétrica das ventosas e pola ausencia dunha membrana de protección dorsal.
Etimoloxía e nome científico
[editar | editar a fonte]O termo dáctilo procede do grego antigo δάκτυλος dáktylos, "dedo". Na linguaxe científica internacional, denomínase coa súa adaptación ao latín científico, dactylus, que é tamén o nome desta estrutura en inglés, idioma que non adapta os nomes científicos latinos.