Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Editorial Gredos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Editorial Gredos

Editar o valor em Wikidata
Fundación1944
FundadorValentín García Yebra,
Hipólito Escolar Sobrino,
Julio Calonge,
Severiano Carmona,
José Oliveira Bugallo
IndustriaCultural
Na rede
http://www.rbalibros.com/gredos
BNE: XX150747
editar datos en Wikidata ]

Editorial Gredos é unha editorial española de carácter privado pertencente desde 2006 ao Grupo RBA[1] e con sede en Madrid, dedicándose á publicación de libros especialmente relacionados coa lexicografía, a filoloxía hispánica e o mundo grecolatino.

Foi fundada en 1944[1] por Hipólito Escolar, Julio Calonge, Severiano Carmona e Valentín García Yebra coa proposición de remediar a falta de libros españois científicos e de estudo. A todos eles uniuse posteriormente José Oliveira Bugallo, achegando o necesario coñecemento do mercado editorial.

Gredos comezara a súa andaina editorial da man dos Clásicos Anotados e Bilingües, os cales descubrirían un mercado novo: o dos textos escolares latinos e gregos.

Os textos escolares permitiron a Gredos crear a Biblioteca Románica Hispánica, fundada en 1950 e dirixida por Dámaso Alonso,[2] na que publicaron as maiores autoridades do campo filolóxico e os próceres de numerosas escolas lingüísticas. A colección completouse e enriqueceu coa aparición de dúas obras cimeiras da lexicografía, o Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico de Joan Coromines e o Diccionario de uso del español de María Moliner. En 1977, creouse a Biblioteca Clásica Gredos.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1996, recibiron o Premio Nacional ó Mellor Labor Editorial Cultural por parte do Ministerio de Cultura.[1][2]

Coleccións

[editar | editar a fonte]
Diccionario de uso del español de María Moliner. Edición de 1990.
  • Biblioteca Clásica Gredos
  • Manuales
  • Textos Clásicos
  • Biblioteca Estudios Clásicos
  • Biblioteca Románica Hispánica
  • Biblioteca Lope de Vega
  • Escuela Lacaniana de Psicoanálisis
  • Diccionarios
  • Mente, Salud y Sociedad
  • Grandes Obras de la Cultura
  • Clásicos Universales de Gredos
  • Biblioteca Grandes Pensadores
  • Biblioteca Básica Gredos
  • Biblioteca de la Nueva Cultura
  1. 1,0 1,1 1,2 Collera, Virginia (31 de maio de 2006). "Gredos, fascinación por los clásicos". elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural". cultura.gob.es (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]