Escudo da República Centroafricana
Aparencia
Escudo da República Centroafricana | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | República Centroafricana |
Adoptado | 17 de maio de 1963 |
Crista | Un sol nacente coa data do 1 de decembro de 1958, xunto co lema Zo Kwe Zo" (en sango: "Tódalas persoas son persoas") |
Alicerce | A bandeira da República Centroafricana |
Divisa | Unité, Dignité, Travail ("Unidade, Dignidade, Traballo") |
O escudo da República Centroafricana consiste nun escudo, ladeado por dúas bandeiras nacionais e cun sol subindo ó longo do escudo.
Na parte superior hai un listel co lema "Zo Kwe Zo" (en Sango). Na parte inferior hai outro co lema "Unité, Dignité, Travail", (en francés, Unidade, Dignidade, Traballo), alén dunha medalla.
Simbolismo
[editar | editar a fonte]O elefante e a árbore representan a natureza, que é a espiña dorsal do país. A estrela amarela nun mapa de África simboliza a localización do país. A man (no canto inferior dereito) foi o símbolo do partido dominante en 1963, cando o escudo foi aprobado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escudo da República Centroafricana |