Eugeni d'Ors
Aparencia
Eugeni d’Ors i Rovira, nado en Barcelona o 28 de setembro de 1881 e finado en Vilanova i la Geltrú o 25 de setembro de 1954, foi un escritor catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito en Barcelona e doutorouse en Madrid en 1905. Dende 1906 colabora en La Veu de Catalunya co alcume de Xènius e encabezou o movemento do novecentismo catalán. Secretario do Institut d'Estudis Catalans en 1911. Nomeado director de Instrución Pública da Mancomunidade de Cataluña en 1917, dimite en 1920 tras a morte de Prat de la Riba por desavinzas coa nova dirección da Lliga Regionalista e en 1923 establécese en Madrid, onde en 1927 entra na Real Academia Española. En 1938 durante a Guerra civil española encargouse da Xefatura Nacional de Belas Artes do goberno de Burgos.
Obra
[editar | editar a fonte]En catalán
[editar | editar a fonte]- La fi d’Isidre Nonell, 1902 (narración)
- Gloses de quaresma, 1911
- La ben plantada, 1911
- Gualba la de mil veus, 1911
- Oceanografia del tedi, 1918
- La vall de Josafat, 1918
- Gloses de la vaga, 1919