Foxa das Marianas
Coordenadas: 11°21′N 142°12′L / 11.350, -142.200
A foxa das Marianas ou fosa das Marianas[1] é a máis profunda foxa mariña coñecida, e é o lugar máis profundo da codia terrestre. Localízase no fondo do Pacífico norte-occidental, ao leste e sur das Illas Marianas, preto de Guam.
Exploración
[editar | editar a fonte]A foxa foi visitada por primeira vez en 1951 pola fragata da Mariña Real Británica o Challenger, que dá o nome á parte máis profunda da foxa, o Abismo de Challenger. Usando ecolocalización, mediuse unha profundidade de 10.902 m nos 11°19′N 142°15′L / 11.317, -142.250.
En 1957, a nave soviética Vityaz reportou unha profundidade de 10934 metros. En 1962, o M.V. Spencer F. Baird rexistrou unha profundidade de 10.902 metros.
Pero non foi senón ata o 23 de xaneiro de 1960, que se descendeu por primeira e única vez, usando un batiscafo chamado Trieste invención de Auguste Piccard, o cal era capitaneado por Jacques Piccard, fillo do primeiro, para dese xeito superar os efectos da gran presión que existe a devanditas profundidades. Os sistemas de a bordo indicaban unha profundidade de 11.521 m, que despois foi revisada e resultou ser de 10.902 metros[2].
Na foxa atopáronse unha lura xigante e varias especies descoñecidas entón.
A presión no fondo da foxa é de 1.086 bares.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fosa.
- ↑ "Un robot alcanza el punto más profundo del océano" El Mundo (en castelán).