Franklin Pierce
Franklin Pierce, nado o 23 de novembro de 1804 e finado o 8 de outubro de 1869, foi o décimo cuarto presidente dos Estados Unidos dende 1853 ata 1857.
Presidencia
[editar | editar a fonte]Candidato do Partido Demócrata nas eleccións de 1852 impúxose ao candidato do partido whig Winfield Scott, converténdose no presidente máis novo que tivera o país ata ese momento. Pierce, un norteño con simpatías polo sur, o seu apoio á lei Kansas-Nebraska restoulle popularidade no norte e propiciou a aparición do Partido Republicano formado polo sector antiescravista dos whig e os demócratas. O fracaso da súa política de anexión de Cuba, como estado escravista no seo da Unión, propiciou a aparición do Manifesto de Ostende asinado por destacados diplomáticos. Nas eleccións internas do Partido Demócrata para as eleccións presidenciais de 1856 Pierce perdeu contra James Buchanan.
Predecesor: Millard Fillmore |
Presidente dos Estados Unidos de América 1853 - 1857 |
Sucesor: James Buchanan |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |