Galegos en Cuba
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
Parte da serie sobre o |
Pobo galego |
---|
Por país |
Demografía de Galicia Diáspora Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela |
Cultura |
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe |
Linguas |
Galego Dialecto berciano Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas |
Historia de Galicia |
Os galegos en Cuba son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Cuba. contan cuns 45 000 membros aproximadamente, esparexidos principalmente na Habana, Cárdenas, Matanzas, Pinar del Río, Camagüey, Trinidad, Cienfuegos, Santa Clara, Santiago de Cuba e Guantánamo. Chegaron procedentes de Vigo, cara ao porto da Habana entre os anos 1821 e 1877, fuxindo da fame e das presións políticas. Moitos galegos que chegaran á illa desprazáronse despois cara a México e os Estados Unidos entre a década de 1920 e a de 1940.
Historia
[editar | editar a fonte]Nos séculos XVIII e XIX, pequenos continxentes emigraron a Cuba, ás veces en condicións de semiescravitude para substituír os negros nas fábricas de azucre, cada vez máis escasos debido ás restricións internacionais ao tráfico.[1] Na década de 1880, o rexionalismo evolucionou cara ao galeguismo e enraizouse nas colonias de emigrantes, especialmente no próspero Centro Galego da Habana, Cuba.[2] Ó igual que outros símbolos de Galicia, como a bandeira, o estabelecemento do himno galego foi froito da emigración. En 1907, Xosé Fontenla Leal encargoulle a Manuel Curros Enríquez (un dos maiores expoñentes do Rexurdimento galego, que residía na Habana) que escribise a letra, e a José Castro "Chané" a música, pero Curros non foi quen de compoñer a letra e Fontenla decidiu escoller o poema de Pondal coa música de Pascual Veiga. Estreouse o 20 de decembro de 1907 no Centro Galego da Habana —hoxe Gran Teatro da Habana— e ata 1923 foi entoado por rexionalistas e agraristas nos seus actos, consolidándose paulatinamente como símbolo de Galicia. Cando se prohibiu o seu uso durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América fixeron medrar o seu interese pola súa interpretación pública. Coa Segunda República acadou o recoñecemento oficial.
Cando os galegos comezaron a estabelecerse nalgún lugar da illa empezaron a producir e traballar tanto no campo coma na cidade da Habana. Construíuse o centro Galego da Habana, que no seu interior contiña un teatro moi grande, e foi na Habana onde se entoou por vez primeira o Himno Galego, no ano de 1924.
O pai de Fidel Castro, Ángel Castro Argiz, era galego, máis concretamente de Láncara, na provincia de Lugo.
Censo electoral de galegos residentes en Cuba por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [3] | |
---|---|
Provincia da Coruña | 12.258 |
Provincia de Lugo | 15.535 |
Provincia de Ourense | 14.092 |
Provincia de Pontevedra | 3.492 |
Total de galegos en Cuba | 45.377 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Beramendi, Justo:"Historia mínima de Galicia" [cómpre nº de páxina]
- ↑ Beramendi, Justo; "Historia mínima de Galicia" [cómpre nº de páxina]
- ↑ Instituto Nacional de Estadística
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Maluquer de Motes Bernet, Jordi (1992). Nación e inmigración. Los españoles en Cuba (S. XIX-XX). Ediciones Júcar. ISBN 8472863328.
- Feijóo Sotomayor, Urbano (1853). Isla de Cuba: Inmigración de trabajadores españoles: documentos y memoria escrita sobre esta materia (en castelán). Imprenta de J.M. Eleizegui.
- Vidal Rodríguez, José Antonio (2005). La emigración gallega a Cuba: trayectos migratorios, inserción y movilidad laboral, 1898 - 1968. CSIC. ISBN 84-00-08351-2.