Gastróporo
Aparencia
En zooloxía, denomínase gastróporo a un pequeno orificio (poro) aberto no exoesqueleto dunha colonia de cnidarios hidrozoos, ou cenósteo, como, por exemplo, nas especies da familia dos milepóridos, que alberga un gastrozoide, pólipo e que se ocupa da dixestión dos alimentos, que lles achega un dactilozoide situado na súa proximidade.[1][2][3][4]
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O nome gastròporo está fomado pola unión dos elementos gastro- e -poro.[5] O primeiro elemento deriva do grego antigo γαστήρ -στρός gastḗr, -strós, "estómago",[6] e -poro, do latín porus, derivado do grego antigo πόρος póros, "paso", "pasaxe"[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Coruha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1, p. 163.
- ↑ Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.
- ↑ gastropore en wordnik.com (en inglés).
- ↑ Parker, Sybil P. (2002): McGraw-Hill Scientific and Thechnical Terms. McGraw-Hill Education, 6th Edition. ISBN 978-0-0704-2313-8.
- ↑ gastropore no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ gastro- no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ pore no Merriam-Webster Dictionary.