Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Georges de La Tour

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorges de La Tour

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1593 Editar o valor em Wikidata
Vic-sur-Seille, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xaneiro de 1652 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Lunéville, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteepidemia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDucado de Lorena Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Lunéville Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante arquitectónico Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoCaravaggismo, pintura de xénero e pintura relixiosa Editar o valor em Wikidata
MovementoClasicismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
MecenasHenrique II de Lorena Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1046150 WikiTree: Tour-23
San Xosé carpinteiro, 1642, Louvre.

Georges de La Tour, nado o 13 de marzo de 1593 en Vic-sur-Seille, e finado o 30 de xaneiro de 1652 en Lunéville, foi un pintor francés do Barroco, que pasou a meirande parte da súa vida no Condado de Lorena. A maioría da súa obra son escenas relixiosas en clarescuro iluminadas por unha candea.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Madalena con dúas candeas, c. 1640, Metropolitan Museum of Art.

Georges de La Tour naceu na cidade de Vic-sur-Seille na diocese de Metz, que tecnicamente formaba parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, mais estaba gobernada por Francia dende 1552. A documentación do bautismo revelou que era fillo de Jean de La Tour, panadeiro, e de Sybille de La Tour, de solteira Molian. Suxeriuse que Sybille procedía dunha familia en parte nobre.[1] Os seus pais tiveron sete fillos en total, sendo Georges o segundo.

O pasado educativo de La Tour segue sendo pouco claro, mais suponse que viaxou a Italia ou aos Países Baixos no inicio da súa carreira. Posiblemente se adestrase con Jacques Bellange en Nancy, a capital de Lorena, aínda que os seus estilos son moi diferentes. As súas pinturas reflicten o naturalismo barroco de Caravaggio, mais isto probablemente chegou a el a través dos Caravaggisti holandeses da escola de Utrecht e doutros (franceses e neerlandeses) contemporáneos. En particular, La Tour adoita compararse co pintor holandés Hendrick Terbrugghen.[2]

En 1617 casou con Diane Le Nerf, dunha familia nobre menor, e en 1620 estabeleceu o seu estudio na súa tranquila cidade natal provincial de Lunéville, parte do independente Ducado de Lorena que estaba ocupado por Francia, durante a súa vida, no período 1641–1648. Pintou principalmente escenas relixiosas e algunhas de xénero. Recibiu o título de "Pintor do rei" (de Francia) en 1638, e tamén traballou para os duques de Lorena en 1623-4, pero a burguesía local proporcionou o seu principal mercado e acadou certa riqueza. Non aparece rexistrado en Lunéville entre 1639 e 1642, e quizais viaxou de novo; Anthony Blunt detectou a influencia de Gerrit van Honthorst nas súas pinturas despois deste punto. Estivo involucrado nun renacemento relixioso liderado polos franciscanos en Lorena, e ao longo da súa carreira pasou a pintar temas case enteiramente relixiosos, pero en tratamentos con influencia da pintura de "xénero".[2]

Georges de La Tour e a súa familia morreron en 1652 nunha epidemia en Lunéville. O seu fillo Étienne (1621-1692) foi o seu alumno.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Crissy Bergeron Thesis – páxina 7, e nota 4, citando a Thuillier p.19
  2. 2,0 2,1 Anthony Blunt, Art and Architecture in France, 1500–1700, 1953, Penguin

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Le Floch, Jean-Claude. Le Floch, La Tour, Le Clair et L'Obscur, Herscher, 1995
  • Le Floch, Jean-Claude. Le signe de contradiction : essai sur Georges de La Tour et son oeuvre, Presses Universitaires de Rennes 2, 1995
  • Thuilier, Jacques. Georges de La Tour, Flammarion, 1992
  • Wright, Christopher. The Art of the Forger, 1984, Gordon Fraser, Londres. ISBN 0-86092-081-X