Gu Shi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República Popular da China ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora , urbanista ![]() |
Gu Shi (chinés simplificado: 顾适; pinyin: Gù Shì), nada en 1985, é unha escritora de ficción especulativa e planificadora urbanística chinesa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse na Universidade Tongji de Shanghai e realizou un máster en planificación urbana na Academia China do Deseño e Planificación Urbanística. Desde 2012 traballa como investigadora no Instituto de Deseño Urbanístico desta academia.
Obra
[editar | editar a fonte]Gu Shi leva publicados relatos desde 2011 en revistas como Super Nice, Science Fiction World, Mystery World e SF King. Entre as súas obras destacan ≪Chimera≫, galardoada a mellor relato curto do premio Xingyun en 2016, ≪Memory of Time≫ e ≪Reflexo≫. En 2014 foi así mesmo finalista do premio Xingyun na categoría de Mellor Novo Escritor. Foi traducida ao inglés nas súas obras premiadas e nomeadas. Actualmente traballa na súa primeira novela The Reign of Eternal Delight, unha historia alternativa ambientada na corte da emperatriz Wu Zeitan. Reflexo é considerada literatura experimental, o relato de ciencia ficción explora o concepto da omnisciencia por parte de investigadores de psicoloxía dun futuro próximo. [2] [3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "SFE: Gu Shi". sf-encyclopedia.com. Consultado o 2023-12-04.
- ↑ https://www.xprize.org/about/people/gu-shi
- ↑ Liu, Ken (11 de novembro de 2023). Runas, ed. Estrellas Rotas. pp. 351–. ISBN 978-84-9181-924-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 顾适 (La literatura china traducida en España)