Hábitat (homónimos)
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo hábitat pode ter varias acepcións:
- O Hábitat, en ecoloxía, é o conxunto local de condicións xeofísicas nas que se desenvolve a vida de calquera especie de ser vivo.
- O concepto de Hábitat humano é o que se emprega na ecoloxía humana e sobre todo en urbanismo, unha extensión por analoxía do concepto ecolóxico de hábitat. Refírese ao conxunto de factores materiais e institucionais que condicionan a existencia dunha poboación humana localizada. En arquitectura o termo emprégase tamén para referirse ás condicións que a organización e o acondicionamento do espazo interior dun edificio, residencial ou de traballo, ofrecen aos seus habitantes.
- Habitat espacial é un ambiente autocontido que permite a vida con algún grao de permanencia no espazo fóra da Terra (exemplo: nunha estación espacial).
- Habitat, unha cadea de tendas de mobles fundada na década dos 60 por Terence Conran.