Ignacio Pedro XVI Patanean
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1899 Mardin, Turquía (pt) |
Morte | 9 de outubro de 1979 (80 anos) Bsumar, Líbano |
Causa da morte | doenza |
Arcebispo titular | |
25 de abril de 1959 – Diocese: Metropolis of Colonia Pontos (en) | |
Arcebispo católico | |
6 de decembro de 1952 – ← Gregory Hindié (en) – Georges Layek (en) → Diocese: Armenian Catholic Archeparchy of Aleppo (en) | |
Arcebispo titular | |
10 de agosto de 1940 – Diocese: Gabula (en) | |
Bispo diocesano | |
5 de agosto de 1933 – ← Jacques Nessimian (en) Diocese: Mardin (Armenian) (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa Católica Armenia |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1933–), sacerdote católico (1921–) |
Consagración | Avedis Pedro XIV Arpiarean |
Ignacio Pedro XVI Patanean[1] (en armenio: Իգնատիոս Պետրոս ԺԶ Պաթանեան, Ignatios Petros ŽZ Pat’anean), nado o 15 de febreiro de 1899 en Mardin (Imperio Otomán) e finado o 9 de outubro de 1979 en Bzumar (Líbano), foi o 16º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 4 de setembro de 1962 até o 22 de abril de 1976.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Mardin, no Imperio Otomán, o 15 de febreiro de 1899. O 29 de xuño de 1921 foi ordenado sacerdote.
O 5 de agosto de 1933 foi nomeado arcebispo de Mardin, e recibiu a ordenación episcopal o 29 de outubro de 1933 de mans do patriarca Avedis Pedro XIV.
En 1940 foi nomeado arcebispo titular de Gabula. O 6 de decembro de 1952 foi nomeado arcebispo de Alepo, e novamente en 1959 arcebispo titular de Colonia in Armenia.
O 4 de setembro de 1962 foi elixido Patriarca de Cilicia. Polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo).[2] Permaneceu no cargo até o seu retiro o 22 de abril de 1976. Finou o 9 de outubro de 1979 no Líbano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O seu apelido aparece tamén como Batanian.
- ↑ Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 11. OCLC 9237479.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Gregorio Pedro XV Aghachanean |
Patriarca de Cilicia 1962 - 1976 |
Sucesor: Hmayeak Pedro XVII Ketikean |