Illa Brabante
Illa Brabante | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa do Arquipélago Palmer | |
Situación | |
País | Antártida, reinvindicada por Arxentina, Chile e o Reino Unido |
Arquipélago | Arquipélago Palmer |
Mar | Mar de Bellingshausen , Océano Antártico |
Coordenadas | 64°15′S 62°20′O / -64.250, -62.333Coordenadas: 64°15′S 62°20′O / -64.250, -62.333 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 976´8 km² |
Longura máxima | 53 km. |
Largura máxima | 25 km. |
Punto máis alto | 2.522 m. Mount Parry |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A Illa Brabante é a segunda illa máis grande do Arquipélago Palmer no Territorio Antártico Británico, situada entre a Illa Anvers e a Illa Liège. A illa de Brabante ten 59 km de longo de norte a sur, 30 km de largo e elévase a 2.520 m en Mount Parry. O interior da illa está ocupado por dúas cordilleiras, Montañas Solvay (cume Cook, 1590 m) na súa parte máis meridional e as Montañas Stribog (cume Mount Parry) na súa parte central e setentrional.
Foi bautizada pola Expedición antártica belga (1897-1899) dirixida por Adrien de Gerlache, que a chamou así pola provincia de Bélxica de Brabante, en recoñecemento do apoio dado á expedición polos seus cidadáns.[1]
Un documento que resume a expedición dos Servizos Conxuntos de 1984-1985 describe á illa como "notoriamente inhóspita" e afirma que hai probas de só seis visitas entre o descubrimento en 1898 e 1984.[2] Membros da expedición invernaron alí en 1984-1985, e fixeron a primeira subida ao Mount Parry.
Mapas
[editar | editar a fonte]- Antarctic Digital Database (ADD). Scale 1:250000 topographic map of Antarctica. Scientific Committee on Antarctic Research (SCAR). Dende 1993, actualizada e mellorada regularmente.
- British Antarctic Territory. Scale 1:200000 topographic map. DOS 610 Series, Sheet W 64 62. Directorate of Overseas Surveys, Tolworth, UK, 1980.
- Brabant Island to Argentine Islands. Scale 1:250000 topographic map. British Antarctic Survey, 2008.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Brabant Island". United States Gazetteer. Consultado o 2013-11-19.
- ↑ "Joint Services Expedition to Brabant Island, Antarctica, 1984/85". The Geographical Journal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Brabante |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Map of the area Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- U.S. Geological Survey, Atlas of Antarctic Research
- (en inglés) Brazilian Antarctic Program