Illas Estelas
Coordenadas: 42°08′47″N 8°51′52″O / 42.14643, -8.86457
Illas Estelas | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | 2004 | ||
Superficie: | 713.12 ha. (98 % de área mariña) | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014. | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Pontevedra | ||
Concellos: | Nigrán | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
- Non confundir coa Ilhas Estelas, do arquipélago portugués das Berlengas.
As Illas Estelas, ou As Estelas, son un arquipélago pontevedrés situado fronte á península de Monteferro, Panxón, en Nigrán. O arquipélago é pequeno pero ten uns fondos mariños ben conservados e é un punto de parada de aves con interese de conservación polo que foi declarado como zona especial de conservación (ZEC).[1]
Xeografía e xeoloxía
[editar | editar a fonte]O arquipélago está formado por dúas illas principais: a Estela de Dentro, de 29 metros de altitude e 9,6 hectáreas, e a Estela de Fóra con 20 metros de altitude e 7 hectáreas. Hai ademais un grupo de illotes chamados As Serralleiras, outros illotes menores e varios penedos. As dúas illas maiores son de aparencia achanzada
Fauna e flora
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]As illas están rodeadas de arrecife. As illas son de rochedos con cubertas de breixos do litoral. Teñen algúns arbustos e árbores baixas de bosques mixtos.[1]
Fauna
[editar | editar a fonte]Nelas están presentes aves de interese como Sterna sandvicensis, Sterna hirundo, Chlidonias niger, e aves migratorias como Phalacrocorax carbo, Phalacrocorax carbo sinensis, a gaivota patiamarela Larus cachinnans.[1]
Arredor delas hai un banco marisqueiro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Illas Estelas desde Monteferro.
-
Illas Estelas desde Monteferro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Illas Estelas". Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Estelas |