Isaiah Hartenstein
New York Knicks – No. 55 | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 5 de maio de 1998 (26 anos) Eugene, Oregón |
Nacionalidade | Alemaña Estados Unidos |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 113 kg (249 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2017 / Rolda: 2 / Elección: 43 Por Houston Rockets |
Carreira | dende 2015 |
Historial de equipos | |
Artland Dragons (2015–2016) Žalgiris Kaunas (2016–2017) Rio Grande Valley Vipers (2017–2018) Houston Rockets (2018–2020) → Rio Grande Valley Vipers (2018–2020) Denver Nuggets (2020–2021) Cleveland Cavaliers (2021) Los Angeles Clippers (2021–2022) New York Knicks (2022–presente) |
Isaiah Hartenstein, nado o 5 de maio de 1998 en Eugene, Oregón, é un xogador xermano-estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 22 de xuño de 2017, Hartenstein foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Houston Rockets.[1] Tras un ano xogando nos Rio Grande Valley Vipers da NBA G League, o 25 de xullo de 2018, Hartenstein asinou cos Rockets.[2] O 23 de xuño de 2020, Hartenstein foi cortado polos Rockets.[3]
O 30 de novembro de 2020, Hartenstein asinou un contrato de varios anos cos Denver Nuggets.[4]
O 25 de marzo de 2021, Hartenstein foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de JaVale McGee.[5]
O 27 de setembro de 2021, Hartenstein asinou cos Los Angeles Clippers.[6]
O 12 de xullo de 2022, Hartenstein asinou un contrato de dous anos cos New York Knicks.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Rockets Select Isaiah Hartenstein in 2017 NBA Draft". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 23 de xuño de 2017.
- ↑ "Rockets Sign Isaiah Hartenstein". NBA.com. 25 de xullo de 2018. Consultado o 26 de xullo de 2018.
- ↑ "Rockets Sign Free Agent David Nwaba". NBA.com. 23 de xuño de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2020.
- ↑ "Nuggets sign center/forward Isaiah Hartenstein". NBA.com. 30 de novembro de 2020. Consultado o 30 de novembro de 2020.
- ↑ "Cavaliers Acquire Isaiah Hartenstein and Two Second Round Draft Picks from the Denver Nuggets". NBA.com. 25 de marzo de 2021.
- ↑ "Isaiah Hartenstein realizará el training camp con los Clippers". NBAManiacs.com. 12 de setembro de 2021.
- ↑ "Knicks Sign Isaiah Hartenstein". NBA.com. 12 de xullo de 2022. Consultado o 12 de xullo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 06 de outubro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1998
- Nados no condado de Lane, Oregón
- Xogadores de baloncesto de Alemaña
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Ala-pivotes de baloncesto
- Pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets
- Xogadores do Artland Dragons
- Xogadores do BC Žalgiris Kaunas
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Los Angeles Clippers