Svoboda | Graniru | BBC Russia | Golosameriki | Facebook
Saltar ao contido

Jack Lawrence

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJack Lawrence

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Kentucky, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor de cancións , intérprete de banxo , mandolinista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoGarage rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoAutoarpa, Banjo, baixo e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoV2 Records Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: abd893c3-4ad7-4deb-927d-ca85938a43b7 Discogs: 367440 Allmusic: mn0000473123 Editar o valor en Wikidata

Jack Lawrence, nado en Covington (Kentucky) o 18 de decembro de 1976, é un músico estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lawrence toca o baixo en The Raconteurs, The Greenhornes e The Dead Weather, ademais da autoharpa e o banjo en Blanche. Tamén foi convidado para gravar o tema para a película de James Bond de 2008 Quantum of Solace, titulada "Another Way To Die", onde tocou o baixo e a guitarra barítona. O 22 de maio do 2009, Lawrence casou coa fotógrafa Jo McCaughey na casa de Jack White en Nashville nunha dobre cerimonia, onde tamén casou Meg White. Recentemente Lawrence contribuíu na banda sonora da película de Spike Jonze Onde viven os monstros. Non aparece acreditado pero tamén é un dos membros da banda de Karen O, Karen O and the Kids, coa que gravou o seu álbum.

Discografía

[editar | editar a fonte]
1999 The Greenhornes Gun For You
2001 The Greenhornes The Greenhornes
2002 The Greenhornes Dual Mono
2004 Loretta Lynn Van Lear Rose
2004 Blanche America's Newest Hitmakers
2005 The Greenhornes East Grand Blues EP
2005 The Greenhornes Sewed Soles
2006 The Raconteurs Broken Boy Soldiers
2008 The Raconteurs Consolers of the Lonely
2009 The Dead Weather Horehound
2009 Karen O & The Kids Onde viven os monstros banda sonora
2010 The Dead Weather Sea of Cowards
2010 The Greenhornes ★★★★