José Luís Gómez Núñez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Morte | 4 de febreiro de 2015 Tui, España |
Alcalde de Tui | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
José Luís Gómez Núñez, finado en Tui o 4 de febreiro de 2015[1], foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi concelleiro da UCD en 1979. En 1983 foi elixido polo Partido Demócrata Liberal que encabezaba Juan Manuel Diz Guedes. Nas municipais de 1987 presentouse por Unión Tudense e foi tenente de alcalde con Juan Miguel Diz Guedes de alcalde. Logo da dimisión de Diz Guedes, foi elixido alcalde o 24 de xaneiro de 1990. En 1991 ingresou no PSdeG-PSOE e foi o seu candidato á alcaldía nese ano e en 1995, logrando 5 e 3 concelleiros respectivamente, quedando na oposición fronte ao candidato do PPdeG Miguel Ángel Capón Rey que logrou a maioría absoluta e foi elixido alcalde. En febreiro de 1998 apoiou unha moción de censura encabezada polo que fora ata uns meses atrás concelleiro popular Antonio Fernández Rocha, se ben non entrou no goberno deste. En 1999 logrou tan só 1 concelleiro e renunciou á acta o 28 de outubro dese mesmo ano.
Predecesor: Juan Miguel Diz Guedes |
Alcalde de Tui 1990 - 1991 |
Sucesor: Miguel Ángel Capón Rey |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Añoveros Trías de Bes, Xabier; Martínez Gamallo, Loli (2007). Deputación, ed. Los alcaldes de Tui del siglo XX. Historia de la ciudad a través de los plenos municipales. Pontevedra. ISBN 978-84-612-2481-4.