La Lucha (Vigo)
La Lucha | |
---|---|
Localidade | Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Lucha foi un semanario publicado en Vigo entre 1898 e 1917.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario federal, apareceu o 1 de abril de 1898. Defensor do ideario e dos intereses do federalismo, tratou de continuar o labor de La Vanguardia e La Federación. O seu director, propietario e editor foi Arturo Fariña ata 1903, cando foi substituído por Joaquín Novoa Barros. Caracterizado pola súa maquetación, que facía que se abrise de esquerda á dereita, e polo seu estilo irónico e ferinte, foi un periódico de esquerdas e anticlerical, que mantivo polémicas coa prensa católica e conservadora, especialmente con El Restaurador. Foron os seus redactores Luis Suárez Gutiérrez, Humberto Cuíñas, Nicolás Paz Pardo e José Quintas da Vila, e entre os colaboradores figurou Eusebio Alonso Vieites. Incluíu editorial, poesías, reproducións de artigos e moi poucas noticias. Aínda que algunhas fontes dan como data de cesamento 1914, parece que aínda se editaba en 1917, posto que o seu director Pascual Ruiz Enríquez, foi procesado e xulgado en novembro dese ano por inxurias á Garda Civil.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario de Pontevedra, 24-11-1917, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Lucha, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX". Vigo en su historia (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 556–558. ISBN 84-7231-494-4.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.